de actualidad
Iker Casillas Iker Casillas
El reverso de la semana / A semana do revés

Carmen Uz

Votacion: 
5 (2 votos)

Daniel Piñeiro

Danos políticos colaterais

CONCELLO de Lugo vive momentos difíciles por circunstancias distintas e xa explicadas. Son, fundamentalmente, a revisión da relación de postos de traballo (RPT), que ten dividido o persoal e o goberno sometido a moita presión; o atasco no pago de facturas atrasadas, que condiciona enormemente a economía e o funcionamento do Concello; e os contratos caducados, que xunto ás facturas serven de pólvora á oposición. Pero da mesma maneira que non hai mal que cen anos dure, tamén é certo que para empeorar sempre hai marxe e na Praza Maior pode que estea abrollando outro problema, derivado en parte de todo o anterior. A complicada xestión municipal e a presión de traballadores, sindicatos e oposición empezan a facer estragos nalgúns membros do goberno.

A situación máis difícil seguramente é a de Daniel Piñeiro, concelleiro desa enorme e complexa área que é urbanismo, medio ambiente e persoal, Nin os seus críticos poñen en dúbida a dedicación e o interese que amosa por sacar adiante os asuntos, pero o bloqueo que sufre a revisión da RPT e as críticas ao proceso —unhas xustificadas e outras quizais non tanto— deixárono tocado. Percíbeo quen dunha maneira ou outra trata con el, e hai quen cre que xa está invalidado para seguir á fronte da área de persoal, posto que calquera das saídas que hai para a RPT é mala. A aprobación non semella fácil á vista das consideracións que fan os técnicos municipais nos informes Danos políticos colaterais preceptivos, xa que calquera recurso que no futuro houbera ao documento —como xa se anunciaron se este sae adiante— tería difícil prosperar con informes desfavorables. Aparcala sería poñer en contra a sindicatos que apoian a proposta e que teñen moita forza no Concello, e aprobala, ademais dos riscos mencionados, suporía atoparse de frente co persoal máis técnico e administrativo, clave para que o Concello funcione.

No bando dos tocados tamén está a veterana Carmen Basadre, concelleira dende 1999 e especialista en meterse en pozas. Nunha traxectoria tan longa é imposible non cometer erros, pero en voz baixa o sector cultural lucense ve eivas no seu labor e  súa peculiar forma de traballar, que moitas veces consiste en levar a cabo proxectos sen mirar os procedementos, fai que a miúdo a súa xestión se poña en entredito tecnica e politicamente. No último pleno tivo que dar explicacións pola denuncia do BNG sobre o sobrecusto de varios concertos e a contratación cunha empresa próxima ao PSOE. Non se achicou, como é propio dela, e defendeu todo o que leva feito pola cidade, pero nalgún intre tremeulle a voz e, nas últimas semanas, nalgún ámbito deixou caer que pode que desta vez si, que antes de que lle ensinen a porta igual marcha ela antes.

Porén, Basadre acumula xa tantas crises de imaxe que unha máis parece que non suma. E Lara Méndez ten tanta necesidade de sacar asuntos para diante, de resolver, que é probable que non estea polo labor de enfrentorse a crises de goberno e a experimentar incorporacións novas.

Prieto aguanta o tipo

OUTRA concelleira que non vive días fáciles é Ana Prieto. Como responsable da área económica é a que dá a cara polo atasco nas facturas e os contratos caducados, alomenos no pleno. Noutros asuntos, como a negociación dos orzamentos coa oposición, o peso parecen levalo outros membros do equipo de Lara Méndez. Porén, a expresidenta do Colexio de Farmacéuticos aguanta o tipo. De momento.

Confusión sindical

A PREOCUPACIÓN dos sindicatos que defenden a aprobación da RPT é tal, ante a incertidume de se o goberno seguirá adiante con ela, que empregan argumentos ben curiosos para defendela. Din que a produtividade que perciben, eles e o resto do persoal, págase «sin unos criterios claros», o que motiva reparos de legalidade do interventor, o que se corrixiría coa nova RPT, din. Nunca é tarde para recoñecer privilexio.

Oposición custe o que custe

O GOBERNO anda apurado, pero a oposición tampouco está para tirar foguetes. A situación interna do PP fai que estea desperdiciando unha oportunidade de ouro para tentar erixirse como alternativa de goberno. E, ademais, agora antepón o interese partidista e prefire asfixiar o goberno a pagar a provedores e aliviar a economía municipal. Igual que Ace-EU, o comunismo do que a dereita tanto renega.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.