de actualidad
foto Ignacio González
galeríaBarrio a Barrio. Candamil

Dividida en dúas metades pola LU-861, esta parroquia xermadesa presume de xacementos, cruceiros e historias curiosas, as que construíron a base de esforzo os seus veciños, que tiveron que facer as maletas en busca dun futuro mellor

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - Actualmente, nesta parroquia xermadesa residen 84 veciños, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (Ige), dos que 38 son homes e 46 son mulleres.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - Entrada á parroquia de Candamil, que conta con 14 entidades de poboación, a primeira delas en dirección Vilalba é Fraguela.

  • Votacion: 
    2 (1 voto)
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - Mila Vérez é unha das traballadoras da emblemática gasolineira de Candamil...

  • Votacion: 
    4 (1 voto)
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - O señor Guizán, un home natural de Candamil e que emigrou a Cuba, foi o que inicou este negocio pegado a súa casa. Os seus restos descansan no cemiterio parroquial.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - A orixe do seu nome é xermánica, segundo algúns estudosos. 'Quendaminri', forma en xenitivo de 'Quendamirus', sería o nome do antigo posuidor da 'uilla' ou explotación agrícola. Ademais, existen varias medoñas no lugar de Vilacide.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - A pesar de que a poboación está cada vez máis envellecida, un dos últimos servizos en incorporarse foi un parque infantil, ubicado ao carón da antiga escola da parroquia, onde tamén hai un área recreativa.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - Entre os servizos cos que conta Candamil existe aínda en pé a antiga escola unitaria, que estivo en funcionamento ata aproximadamente os anos 70. Hoxe en día, e a falta dunha asociación que lle dea uso, o inmoble está abandonado, aínda que non presenta un mal estado.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - Este barrio pode presumir de contar con varios espazos verdes.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - A igrexa de San Miguel de Candamil foi recentemente reconstruída.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - No seu interior hai un retablo neoclásico con esculturas de San Miguel (titular), San Antón de Padua e Santa Baia (século XIX) e San Xoán Evanxelista (XVIII). Ofícianse misas cada 15 días.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - Cemiterio parroquial de Candamil.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - A construción da AG-64 restou algo de tráfico á LU-861, aínda que todavía transitan moitos vehículos e ciclistas.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - No núcleo de Candamil pódense ver varios cruceiros, este é un deles...

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - ... e este outro

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - A gran maioría son privados... salvo este, que está ao carón da igrexa.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - As explotacións gandeiras desapareceron, no seu lugar quedan pequenos rabaños de ovellas.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - San Miguel de Candamil está dividido en dous pola estrada LU-861 e colinda coas parroquias de Burgás e Cabreiros, ademais de Santaballa, xa de Vilalba.

  • Votacion: 
    2 (1 voto)
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - Manuel Prieto leva preto de tres décadas exercendo de alcalde pedáneo, unha tarefa que non lle quita tempo, xa que asegura que "en Candamil todos os veciños levámonos ben e nunca houbo problemas entre nós".

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - Dende hai dous anos, Nuria Bellas encárgase de xestionar O Paso, un restaurante moi concorrido, que promove diversas actividades, entre elas torneos de tute e rutas a cabalo.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - Próxima ao río Trimaz construíuse a Charca dos Patelos, que se recuperou a partir dun manacial con sona entre os antergos.

  • Votacion: 
    5 (1 voto)
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - Este barrio conta cunha das primeiras casas rurais da comarca, A Pena, que xestiona Miguel Barreiro.

  • Votacion: 
    No hay votos
    foto

    Barrio a Barrio. Candamil

    MARTA MANCEBO - A firma Sílices de Fuentes mantén en activo a canteira de Candamil dende 2002, aínda que foi posta en marcha no 86.