ÚLTIMA HORA

Unha muller en Lugo falece ao precipitarse desde un cuarto cando limpaba as fiestras

de actualidade
Eva González Eva González
O estado do Miño 
Votacion: 
No hay votos

A praga dos ameneiros arrasa con case todos os exemplares de Lugo

O aspecto das beiras do Miño no seu discorrer polo municipio de Lugo está a cambiar ostensiblemente sen posibilidade de remedialo. Os ameneiros (alisos en castelán) , que compoñen boa parte da vexetación de ribeira nesta zona están enfermos de morte algúns, e totalmente cadáveres boa parte deles.

O biólogo da Universidade de Santiago de Compostela e ex director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), Pablo Ramil, asegura que ao longo do Miño ao seu paso por Lugo e no Intre «xa nos quedamos sen ameneiros. Entre Ombreiro e a nova depuradora hai centos de árbores mortas », asegura. Ramil cifra na porcentaxe de árbores afectadas entre un 80 e un 90% ; unha traxedia ambiental que terá consecuencias no ecosistema.

A enfermidade que está diezmando esta especie en Lugo provócaa un fungo coñecido como Phytoptora alni, que empezou a darse a coñecer na comunidade autónoma fai algo máis de catro anos. A asociación ecoloxista Adega alertou a finais de 2006, de que estas árbores estaban a ser atacados por un mal cuxo orixe se atribuía xa a este fungo, que se detectou por primeira vez en Inglaterra en 1993 e máis tarde noutros países europeos.

Pablo Ramil asegura que controlar unha enfermidade deste tipo «é moi difícil» porque o fungo expándese moi facilmente, pero tamén considera que o único modo posible sería a través de medidas que evitasen a súa propagación nas fases iniciais «e non se fixo», matiza.

O contaxio é extremadamente fácil, indica. O fungo mortífero pode viaxar nas botas de pescadores, paseantes, ambientalistas e pode propagarse aproveitando a limpeza das ribeiras se non se fai con moito coidado. «O problema destes ríos é tratalos como un corredor. úsanse máquinas e non se limpan e así se esparce o contaxio noutras zonas», ejemplifica este biólogo.

Ramil é absolutamente pesimista en canto á evolución da enfermidade. Está demasiado avanzada e estendida, di, como para porlle coto e tampouco «ten sentido repoboar agora porque tamén morrerían», explica.

O Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, en Pontevedra, están a desenvolver varias liñas de investigación para desenvolver unha variedade de ameneiros resistente ao fungo. Aínda non se tivo éxito, pero se se conseguise, poderíase repoboar as ribeiras con esta especie con certas garantías de éxito.

Mentres tanto, Ramil recomenda plantar especies resistentes á enfermidade, como o fresno, «porque o fungo non lle afecta», aínda que isto paliará o problema só parcialmente. A desaparición dos ameneiros terá consecuencias no ecosistema, xa que as súas follas alimentan a determinados invertebrados que logo serven de comida ás troitas. A súa ausencia «cambia a composición dos invertebrados e tamén as comunidades de peixes», apunta.

EFECTOS

  • Caída da folla e exudación. A Phytoptora é un fungo acuático que se despraza pola auga e introdúcese na planta polas raíces. Provoca que «as follas envellezan pronto e cáianse antes. Son máis amarelas e máis pequenas do normal», explica Pablo Rami. Os troncos «presentan fisuras, a cortiza ráchase e exuda unha especie de líquido-goma». Cando está seca, a árbore cae facilmente.
  • Orixe. O fungo detectouse antes en Reino Unido, Francia e Alemaña e non se sabe con certeza como chegou ata Galicia. Puido iniciarse nunha plantón enferma dun viveiro ou esparcirse en maquinaria ou calzado.