Manuel Pena: ''As curtas son historias rápidas e directas ás que é fácil engancharse''

P: ¿Que aceptación está a ter o FICBueu deste ano?
R: Moi boa. Desde a primeira edición desencadenouse unha especie de fenómeno social que vai crecendo expoñencialmente cada ano. Contamos cun auditorio cun aforo de 250 persoas. Antonte asistiron máis de 400, polo que houbo xente que quedou fóra.

P: ¿Está o formato de curtametraxe en auxe?
R:  É unha pregunta difícil de contestar. Mirando a audiencia doutros festivais atopas cousas
con máis ou menos asistencia. Entre a nosa audiencia hai desde rapaces ata persoas maiores de 70 anos, e incluso vén xente de fóra; hai moi bo ambiente.

P: ¿Que ofrecen as curtametraxes fronte a producións de maior duración?
R: Ao ser historias máis breves son tamén máis directas, moi rápidas, e iso fai que a xente se enganche con facilidade. Ademais, hai moita diversidade, polo que se unha película non che gusta enseguida se proxecta unha nova.

P: ¿De que calidade gozan as producións galegas?
R: Como en calquera parte hai de todo, pero aquí as producións galegas están moi ben valoradas polo público, non sei se é pola proximidade, a empatía, ou porque realmente son moi interesantes. Precisamente onte presentouse a primeira delas e a todo o mundo lle encantou.

Comentarios