PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
El periodista Jordi Évole Jordi Évole
RIBEIRA SACRA 
Votacion: 
5 (1 voto)

Sober conta xa con sete veciños centenarios

O municipio lucense de Sober conta con sete veciños centenarios nunha poboación que non chega aos dous mil cincocentos habitantes, e iso a pesar de que no que levamos de ano faleceron nese concello cinco residentes que superaban os cen anos de idade.

A finais da semana pasada un novo veciño de Sober, Ramiro Rodríguez, residente na parroquia de Rosende, chegaba tamén aos cen anos de idade e recibía unha felicitación oficial por parte do alcalde do municipio, Luis Fernández Guitián.

Ademais dese veciño de Rosende, na parroquia de Gundivós vive outro centenario que cumprirá 104 anos en xaneiro.

Completan a lista de centenarios unha veciña da Pena -de Gundivós-, dúas de Doade, unha máis de Rofoxo e outra de Vilaoscura.