PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Bernardo Silva Bernardo Silva
 
Votacion: 
No hay votos
Lugo 2

Candia di que o PP buscará o apoio dos alcaldes socialistas para abrir residencias

A presidenta provincial popular asegura que están en política "para ser útiles"

Elena Candia, durante o congreso provincial do PP . SEBAS SENANDE

Elena Candia, durante o congreso provincial do PP . SEBAS SENANDE

A presidenta provincial do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, asegurou que buscará "o apoio cómplice e aliado" dos alcaldes socialistas para conseguir a apertura das residencias da terceira idade construídas ou en fase de execución por parte da Deputación de Lugo, a través do ente público Suplusa.

Candia confirmou que o grupo provincial do Partido Popular pedirá este martes na reunión do consello de administración de Suplusa que esta entidade se inscriba como prestadora de servizos sociais no rexistro oficial, dado que é o último trámite que falta por liquidar para proceder á apertura da residencia de Castroverde.

A presidenta provincial do PP recordou que "o edificio está terminado", o persoal para a residencia xa foi seleccionado en "maio de 2015", e hai 370.000 euros consignados no orzamento da Deputación para o inicio de actividade. "Queremos dar un paso á fronte, porque os edificios pechados o único que fan é deteriorarse", dixo Candia, polo que o Partido Popular non levantará "o pé do acelerador" neste asunto e esixirá a apertura das residencias terminadas para concorrer "ao concurso de prazas concertadas" por parte da Xunta de Galicia.

"Estamos para ser útiles", precisou, polo que o Partido Popular pedirá o "apoio cómplice" dos alcaldes socialistas para que as residencias da terceira idade deixen de ser "unha arma arreboladiza" na area política e se convertan nun verdadeiro servizo para as persoas maiores da provincia.

Neste momento, precisou, están moi avanzados os traballos nas residencias de Pol e A Fonsagrada, do mesmo xeito que na de Trabada, mentres que en Ribas de Sil aínda están en proceso de execución. A Deputación tamén proxecta crear residencias e centros de día no Saviñao, Becerreá, O Courel e Portomarín.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Anónimo luns 20 de marzo de 2017, 22:08
2

Veo muy bien, que la Sra. Candia busque apoyos o colaboración del Partido Socialista, u otro, todos sean bienvenidos si las propuestas de cualquiera de ellos, es para bien de los ciudadanos, hay ciertos momentos en política, que hay que aliarse, siempre para bien del ciudadano. Y es verdad, que los edificios cerrados si no se les da utilización, se deterioran. Venga todos a una.

imagen de usuario
isaac luns 20 de marzo de 2017, 18:30
1

y donde se saca la plata candida para mantenerlas ya que no hay un duro y españa y el que se estan sacando del pais sobre todos los del pp ya no crecemos el 3,50 como dice tu jafe rajoy y el defici llega al 5 si no pasa este año y tiene que ser el 3 como dice la comunidad europea para que DARGUI nos siga comprando bonos que son como nos financiamos ya que españa no recaudad para poder hablar cándida estudia economía la residencia que tiene proyectada el seÑor martimez de donde saca los 5 millones para construirla jaja y no vale mas que 1 milloncete ya que el edificio esta echo solo reformarlo creo que el negocio a martinez le va pasar como el alquitrán jaja no hay dinero el igape las consultoras que tenia en el exterior las quito por falta de fondos y que no hay empresas para exportar por falta de credicto es la realidad