de actualidade
foto Fayçal Fajr
 
Votacion: 
1 (1 voto)
Galicia 10

En Marea rexeita a corrida de touros organizada no municipio do Páramo

A formación móstrase en contra deste evento, que o ano pasado celebrouse en Triacastela

Varios participantes na protesta contra o primeiro festival taurino que se celebrou en Triacastela. ELISEO TRIGO

Varios participantes na protesta contra o primeiro festival taurino que se celebrou en Triacastela. ELISEO TRIGO

O grupo parlamentario de En Marea expresou este luns o seu "total rexeitamento" á celebración da corrida de touros que está prevista para o 10 de xuño, dentro da programación de Feiras da Primavera do municipio lucense do Páramo, que terá lugar nunha praza móbil.

En Marea asegura que "a celebración de espectáculos taurinos en Galicia conta cun alto rexeitamento social".

O deputado Marcos Cal afirmou que "o único que gaña con este espectáculo cruel e denigrante cos animais" é "o promotor do mesmo" que realizou ou intentou facer espectáculos similares noutros concellos "gobernados polo Partido Popular".

De feito, acusou a eses rexedores de utilizar "diñeiro público para a celebración destes eventos, á conta da imaxe dos propios concellos" e de provocar "conflito coa cidadanía do lugar", porque "Galicia non ten tradición taurina e a sociedade xa mostrou" moitas veces "o seu rexeitamento a este tipo de espectáculos".

O grupo parlamentario de En Marea xa presentou no seu momento unha iniciativa no Parlamento de Galicia para instar á prohibición de espectáculos taurinos en prazas móbiles como a que se instalará no Páramo, porque "non cumpren coas normativas de seguridade" e "pon en risco a vida das persoas", ademais de non "respectar o benestar animal".

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Nostradamus 3.0 martes 21 de marzo de 2017, 23:39
13

Corrida de touros en sarria, o ano seguinte cancelan a feira de ano "por falta de presuposto" Corrida de touros en triacastela, o ano seguinte cancelan a feira de ano "por falta de presuposto" Corrida de touros no paramo, ano seguinte? :)

imagen de usuario
barbarismos importados martes 21 de marzo de 2017, 12:04
12

Na tradición cultural galega non hai mostra de crueldade cos animais nin de causarlle a morte por diversión e entretemento. Non se lidiaron touros ata o colonialismo burgués. E agora ese catetismo de pretensión burguesa é o que leva a algúns a eses actos (tamén á caza deportiva dende hai dúas décadas). Non temos por costume lanzar animais dende campanarios, nen lapidalos ou lancealos en grupo como mostra de ¿virilidade? A morte de animais en Galicia é alimenticia. O que non quita torturas ou tratos inadmisibles coma os cepos de cabalos, os cans atados toda a súa vida dende cadeliños e a estabulación dalgunhas vacas. Amáis modernamente están comezando a darse casos de abandonos, vacas e cabalos maiormente, por unha suposta posibilidade de mantelos que en realidade ten máis que ver coa asocialidade dos donos, que non se dirixen a ninguén para solicitar a axuda que precisan.

imagen de usuario
alsn martes 21 de marzo de 2017, 12:03
11

Esto es muy raro, como no se hacen en Sarria, un año en Triacastela y ahora en El Páramo (sin duda municipios de gran tradición taurina), que intereses se persiguen? Realmente solo es insensatez con nuestros impuestos en época de recortes indecentes?

imagen de usuario
GANDEIRO martes 21 de marzo de 2017, 11:23
10

#4 100% DE ACUERDO..........y# 5 a mi también me parece bien las corridas de toros........también es mas fácil identificar a los NINIS PIJOS de la ciudad....... PALETA TU..........................

imagen de usuario
Yiyo martes 21 de marzo de 2017, 09:01
9

5 q raron tes , paletos mas q paletos e os q torean son asesinos a soldo pagados. Estre outos. Cos cartos dos nosos impostos qtanta falta fan para sanidade , educacion e outras muytas cousas, por q non remontamos a tempos dos sacrificios humanos q e mais antigo e os taurinos fan un sorteo no pueblo e. O q lle toca pois. Xa sabe o q toca morrrer q eso si q e arte

imagen de usuario
Trastras luns 20 de marzo de 2017, 20:31
5

A mi me parece bien que haya corridas de toros, así es más fácil identificar a los paletos del pueblo.