de actualidade
foto Julen Lopetegui
 
Votacion: 
5 (2 votos)
Sucesos | Deporte Local Lugo

Varios detidos por atacar o bus do Polvorín en Ribadeo

Foron imputados por un suposto delito de danos e ameazas. Ademais de insultar os xogadores, romperon a lúa do vehículo

A Garda Civil detivo a varias persoas -segundo algunhas fontes, a dúas- polo ataque que sufriu na localidade de Ribadeo o autobús que desprazaba o Polvorín tras o encontro que disputou co club local.

O suceso produciuse ao redor das doce do mediodía do pasado domingo, cando o autobús do equipo rival circulaba polo centro da poboación tras o encontro que o enfrontou ao Ribadeo Club de Fútbol.

Os detidos foron imputados por un suposto delito de danos e ameazas, porque ademais de insultar os xogadores do equipo rival romperon a lúa do autobús que os transportaba.

En canto ás ameazas, a Garda Civil confirmou que foron proferidas por un dos identificados.

As persoas detidas foron postas a disposición da autoridade xudicial.

A AGRESIÓN. Ao finalizar o encontro entre o Polvorín e o Ribadeo, a semana pasada, e cando xa a expedición do equipo lucense collía o autocar para emprender a viaxe de regreso á capital, este foi obxecto dun ataque no que o individuo lanzou unha botella que provocou a rotura dunha das lúas.

Todo ocorreu cando o autocar non saíra de Ribadeo, onde o Polvorín se impuxo por 0-2, e despois de que tivese que deterse porque había unha moto cruzada que impedía o paso. Pouco despois, o autocar emprendeu a viaxe ata Lugo cunha das lúas rotas e escoltado pola Garda Civil.