de actualidade
Liliane Bettencourt Liliane Bettencourt
 
Votacion: 
No hay votos
0

Guidetti, tres semanas de baixa pola escordadura de xeonllo producida no derbi

O dianteiro do Celta desprazouse a Estocolmo para ser examinado polos médicos da selección sueca. Nos "próximos días" volverá a Vigo

John Guidetti nun partido. YURI KOCHETKOV (EFE)

John Guidetti nun partido. YURI KOCHETKOV (EFE)

O internacional sueco John Guidetti estará de baixa "unhas tres semanas", despois de que a resonancia magnética á que se someteu en Estocolmo confirmase que sofre "unha escordadura do ligamento lateral interno do xeonllo dereito", informou o Celta de Vigo a través dun comunicado de prensa.

O dianteiro celeste lesionouse durante os primeiros minutos do derbi que o seu equipo disputou este domingo contra o Deportivo da Coruña, e aínda que intentou continuar no céspede tivo que ser substituído por Claudio Beauvue.

Guidetti desprazouse este luns a Estocolmo para ser examinado polos médicos da selección de Suecia, que xa foran informados previamente polo xefe dos servizos médicos do Celta, Juan Jose García Cota, do alcance da súa lesión tras unha primeira exploración.

O dianteiro nórdico xa iniciou o tratamento en Suecia e regresará a Vigo "nos próximos días", explicou a entidade galega.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.