O BNG anima á xuventude a que sexan "o motor de recuperación" do galego

O partido chama a mobilizarse o próximo 17 de maio en defensa do idioma e propón crear unha canle de televisión infantil en lingua galega
A líder do BNG, Ana Pontón, presentou este xoves a campaña con motivo del Día das Letras Galegas, bajo o lema 'Aos prexuízos sácalles a lingua'
photo_camera A líder do BNG, Ana Pontón, presentou este xoves a campaña con motivo del Día das Letras Galegas, bajo o lema 'Aos prexuízos sácalles a lingua'

O Bloque Nacionalista Galego puxo en marcha unha campaña para animar á xuventude a que sexa "o motor de recuperación" do galego e un "axente activo" na súa normalización con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas.

A iniciativa, que ten como lema Aos prexizos bótalles a lingua foi presentada este xoves pola líder os nacionalistas galegos, Ana Pontón, quen precisou que se desenvolverá principalmente nas redes sociais. Ademais, aproveitou para chamar á cidadanía galega a saír á rúa o próximo día 17 para manifestarse en defensa "do seu idioma". "Facemos esta campaña porque cremos que é evidente que hai un problema na sociedade galega en relación co noso idioma", sinalou Ana Pontón, que lembrou que é "a única lingua de toda a península que está a perder falantes".

A líder do BNG: "Os recortes acumulados nas políticas de normalización lingística suman xa 100 millóns"

Para a portavoz nacional do Bloque, esta perda continuada de falantes "é un motivo máis que suficiente como para pór encima da mesa propostas e alternativas" que freen o descenso ante un Goberno de Feijóo que, "nas súas dúas primeiras lexislaturas e no que vai da actual", na súa opinión, "só demostrou descoñecemento e deixamento".

"Non sabe nin cal é o día no que se celebran as Letras Galegas", manifestou Pontón, que criticou que os populares galegos "non só alimenten os prexuízos contra o idioma" de Galicia senón que tamén "o asfixien economicamente". Así, lembrou que nos anos de mandato de Feijóo "os recortes acumulados nas políticas de normalización lingística suman xa 100 millóns".

PROPOSTAS. Na súa comparecencia ante os medios e tras a proxección dun vídeo realizado polo BNG con motivo desta campaña, Ana Pontón defendeu unha "nova política lingística" na educación para que esta sexa "unha peza que fortaleza" ás persoas galego falantes e que "garanta que todo o mundo" teña "o mesmo coñecemento do galego que do español".

Ademais, tamén pediu a posta en marcha de "novos instrumentos" que "reforcen o galego como lingua inicial e propia". Así, propuxo crear unha "canle específica" na televisión pública destinada ao público infantil e xuvenil en galego para que os máis pequenos "teñan referencias modernas e actuais".

Comentarios