de actualidade
Goretti Sanmartín Goretti Sanmartín
 
Votacion: 
2 (69 votos)
Gente | Lugo

Mónica Ceide rebélase contra o que considera "la dictadura gallega"

A exconcursante dun 'reality' de Antena 3 asegura en Facebook o Día das Letras Galegas que a educación en galego converte aos nenos en "incultos"

Mónica Ceide participou no reality 'Casados a primeira vista'. AEP

Mónica Ceide participou no reality 'Casados a primeira vista'. AEP

Mónica Ceide volveuse situar este mércores, Día das Letras Galegas, no ollo do furacán. Obviando a mensaxe que Carlos Casares tratou de transmitir en vida, a participante do programa Casados a primera vista, de Antena 3, optou por tomar o camiño oposto do escritor ourensán ao dar a súa opinión sobre a educación en Galicia.

Nunha mensaxe publicada no seu perfil de Facebook, a flamante portada de Interviú lucense amosou estar cansa de "todo esto del galeguismo". A pesar de que o número de materias que se imparten en galego descendeu desde a aprobación do decreto do plurilingüismo -contra o que a Real Academia Galega presentou recurso ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos-, Ceide amosa a súa indignación con que os nenos teñan que estudar "todas las materias incluido Educación Física en gallego".

Lonxe da realidade das aulas, a excoordinadora de Vox en Lugo cre que as ensinanzas en galego converten aos nenos en "incultos". "Nunca tantas faltas de ortografía han tenido como ahora", asegura nun texto no que se botan de menos tiles e maiúsculas sen mencionar temas referidos á puntuación e á gramática. "Para que me entendáis", continúa, "abogado en gallego es avogado con v... de tanto verlo el niño ya no sabe si es con v o b".

A xeografía é unha das maiores preocupacións desta peregrina que recorreu o Camiño de Santiago en tacóns. Segundo a súa tese, a un neno "le preguntas al cruzar Ponferrada hacia Andalucía que ríos cruzan y te dicen... o Douro... o Teixo... pero, ¿dónde están esos ríos? Y cuando ven el cartel de río Tajo o río Duero, según ellos nunca lo estudiaron".

Pregúntase: "¿Qué consecuencias tiene esto?". E ela mesma, cara o final dun longo texto, respóndese: "Al final no pueden salir de Galicia a estudiar a una universidad pues su vocabulario está ya adaptado para estudiar en universidades gallegas... ¿A quién favorece esto?". E aínda vai máis alá: "Este aislamiento al que nos están sometiendo... ¿Qué buscan? Que no salgas de Galicia, pero esa decisión tendría que ser una decisión de la persona y no una obligación a la que nos vemos sometidos por las circunstancias".

Finalmente, escribe aos seus seguidores da rede social que vai celebrar o Día das Letras Galegas porque temos "un folklore, un dialecto y una cultura gallega", pero en ningún caso vai festexar "la dictadura gallega" que nos pretende converter, segundo as súas apreciacións, nunha illa de ignorantes.