María Victoria Moreno, protagonista do Día das Letras Galegas de 2018

Ricardo Carvalho Calero, Plácido Ramón Castro del Río, Antón Fraguas Fraguas e Eusebio Lorenzo Baleiró eran os outros posibles candidatos a homenaxear
María Victoria Moreno Márquez
photo_camera María Victoria Moreno Márquez

O pleno da Real Academia Galega (RAG) elixiu este sábado a María Vitoria Moreno Márquez como personalidade literaria á que se dedicará o Día das Letras Galegas de 2018.

Cinco candidaturas concorreron a esta sesión común, que foron as de Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990), Plácido Ramón Castro del Río (Corcubión, 1902-Cambados, 1967), Antón Fraguas Fraguas (Cotobade, 1905-Santiago de Compostela, 1999), Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro, 1962-1986) e a seleccionada para o próximo ano, María Vitoria Moreno Márquez (Cáceres, 1941-Pontevedra, 2005).

Os académicos de número reuníronse esta sábado pola mañá na sede da institución, en Rúa Tabernas da Coruña e, ao termo da sesión plenaria, o presidente, Víctor F. Freixanes, informou do protagonista do Día das Letras Galegas de 2018.

Comentarios