Longas colas en Vilalba para degustar as sardiñas de San Xoán

Un bo número de veciños déronse cita na capital chairega para celebrar a noite meiga
Sardiñada en Vilalba
photo_camera Sardiñada en Vilalba

A celebración da IX Noite de San Xoán foi acollida con xúbilo polos veciños de Vilalba, que non dubidaron en saír á rúa para escorrentar as meigas nas fogueiras. A Gran Sardiñada deu comezo ás nove da noite na Praza de Santa María.

Durante ela puidéronse degustar sardiñas, liscos e pan. O conxuro da queimada e a espantada das meigas tamén estiveron presentes na celebración. A festa estivo amenizada polas actuacións da AC Gaita Escola de Mondoñedo, Sintonía de Sancovade e Arifi World Music.

Comentarios