Falece Emilio do Pando aos 85 anos de idade

Gran referente da música popular galega, influenciou a bandas de renome como Luar na Lubre
Emilio do Pando
photo_camera Emilio do Pando

Emilio Pérez Álvarez (Pando-Cuíñas-A Fonsagrada, 1932), coñecido como Emilio do Pando, faleceu este xoves aos 85 anos. O mestre do birimbao e gran referente da música popular galega influenciou a importantes bandas como Luar na Lubre.

Músico autodidacta, aprendeu a tocar a gaita e a trompa por si só e formou numerosos grupos musicais ao longo da súa vida. Posteriormente, na madurez, impartiu múltiples obradoiros e mesmo colaborou con grupos de renome como Luar na Lubre ou Milladoiro.

Emilio do Pando foi unha figura imprescindible na difusión cultural da Fonsagrada. Participou na creación do Museo Etnográfico da localidade e participou na Asociación Antaruxas e Sorteiros, fundada en 1979 e referente en música e baile tradicionais.

Comentarios