PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
1 (1 voto)
Galicia 0

Alerta en Galicia por un falso cupón de Zara

A mensaxe chega a través de WhatsApp ► O suposto bono esixe cubrir un formulario con datos persoais

A Policía Nacional avisaba este luns, a través da súa conta de Twitter, dunha nova estafa a través de WhatsApp. Trátase dun suposto bono de 150 euros para gastar en Zara, a marca insignia de Inditex, logo de encher un formulario cos datos persoais pertinentes. 

"Outro timo! NON é unha promo oficial de @ZARA. Só queren os teus datos, coarche malware ou sms premium #NoPiques", alerta o corpo de seguridade. Unha mensaxe que xa recibiron varios galegos durante esta xornada.

A aplicación foi usada como canle para este tipo de estafas nos últimos meses tomando como escusa os castings de Gran Hermano 18 ou o concurso musical de Telecinco La Voz.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.