PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
5 (4 votos)
Sociedade | Cultura 0

O celeirense Dani Caxete logra unha mención nos premios TWAN cunha foto de Guitiriz

A imaxe nocturna da carballeira de Parga foi seleccionada xunto a paisaxes de todo o mundo

Fotografía de Dani Caxete recoñecida nos premios TWAN. DANI CAXETE

Fotografía de Dani Caxete recoñecida nos premios TWAN. DANI CAXETE

O astrofotógrafo celeirense Dani Caxete conseguiu unha mención especial no International Earth & Sky Photo Contest TWAN. Este recoñecemento obtívoo cunha foto nocturna da carballeira de Parga, no concello de Guitiriz, que forma parte dun traballo que realizou por encargo do Concello.

Caxete, que enviou a imaxe ao TWAN, móstrase moi orgulloso de que a instantánea sexa seleccionada xunto a paisaxes de todo o mundo. "Sempre produce satisfacción", destaca.

O fotógrafo explica que "Guitiriz non está fortemente iluminado, respectase moito o ceo nocturno, o que demostra que se poden iluminar as nosas cidades sen quitarlle luz ás estrelas. Entendo que iso foi o que puntou nesta foto dun sitio habitable no que se pode observar a Vía Láctea".

A panorámica —formada por 11 fotos ensabladas cun programa informático e con axustes de niveis e cor— xa se clasificou como finalista o ano pasado no certame da Estación Espacial Europea (ESA).

Caxete, que retratou e viralizó a imaxe do banco de Loiba, recalca que "cunha simple foto pódense promocionar moitos sitios".

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.