PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
5 (1 voto)
0

O Tribunal Constitucional suspende a Lei de transitoriedade catalá

Ademais, apercibiu da obrigación de obedecerlle aos membros do Govern e da Mesa do Parlament

Edificio do Tribunal Constitucional. AEP

Edificio do Tribunal Constitucional. AEP

O Tribunal Constitucional suspendeu este martes de forma cautelar a lei de Transitoriedade catalá tras admitir o recurso do executivo central, unha decisión que acompañou cun novo apercibimento da obrigación de obedecerlle dirixido aos membros do Govern e da Mesa do Parlament.


Os maxistrados ocupáronse tamén no pleno deste martes doutro recurso, o presentado polo Goberno contra a lei de Facenda catalá, o código tributario, recurso que tamén admitiron a trámite, de modo que esta lei  tamén quedou provisionalmente suspendida.

O recurso que presentou o Goberno central contra a lei de Transitoriedade aprobada polo Parlamento catalán, que pretende converter a Cataluña nunha República, considera que esa norma é "a maior afronta e ameaza" ás bases sobre as que se asenta a convivencia en España desde 1978 e o "maior ataque concebible" aos valores democráticos.

O recurso do avogado do Estado sostén tamén que o contido desta norma é "propio dun réxime autocrático sen unha mínima separación de poderes".

O Goberno presentou este luns o seu recurso contra a lei de Transitoriedade catalá, pero o pleno aprazouse a este martes porque este luns era festivo en Cataluña e calquera resolución non podía ser notificada.

lei de Transitoriedade, pensada para articular a transición cara á independencia no caso de que se celebrase o referendo do 1 de outubro e triunfase o si, non estará deste xeito vixente no momento no que debería operar, pois quedou anulada durante cinco meses e en tanto non resolva o alto tribunal sobre o fondo do recurso.

Na resolución deste martes, os maxistrados do TC apercibiron tamén aos sete xuristas da Sindicatura Electoral de Cataluña, encargada do seguimento da convocatoria independentista do 1 de outubro.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.