PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
5 (1 voto)
Cultura | Lugo 3

Ramón Carballo: "Mobilizaremos todos os medios para esclarecer os roubos en Lugo"

Trabállase coa hipótese de que poden ser perpetrados por unha banda itinerante, aínda que non se pecha ningunha outra liña de traballo

O subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, confirmou que a Garda Civil e a Policía Nacional, cada corpo na súa respectiva demarcación, mobilizarán "todos os medios" dispoñibles para tratar de esclarecer os roubos perpetrados nos últimos días en vivendas unifamiliares de cinco municipios da provincia e para "dificultar" novas accións dos responsables deses asaltos.

En declaracións a EFE, Carballo confirmou que tanto "a Policía Xudicial como a Policía Científica" han iniciado xa a correspondente investigación para tratar de localizar e deter aos autores deses asaltos.

De momento, os investigadores tratan de determinar "se existe algún nexo de unión que relacione os roubos entre si" e incluso con outros "dese tipo perpetrados fai máis dun ano", porque logo dun "tempo" tranquilo, sen asaltos, nos últimos días produciuse "un repunte".

Aínda que se traballa coa hipótese de que os roubos poden ser perpetrados por unha banda itinerante, de momento non se pecha ningunha outra liña de traballo, dado que "non todos os roubos cometidos nos últimos días ten en mesmo modus operandi".

Carballo informou de que hai varios roubos que si responden a unha especie de patrón determinado, porque foron asaltos cometidos en días e horas moi concretos e con "unha rapidez tremenda", entre "10 e 20 minutos", dado que algunhas casas asaltadas "tiñan alarma, pero lograron roubar no seu interior e cando chegou a policía xa non estaban alí".

O delegado lamentou a "alarma" que xeraron estes casos, porque o asalto a casas habitadas produce unha sensación "moi desagradable" tanto nas propias vítimas como na sociedade en xeral.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
carguitos xoves 14 de setembro de 2017, 16:43
3

logo da vaga de roubos, das bandas que campan as súas anchas no centro, dos camelos e todo a que estar a sofrer a cidadanía soltas iso? vale oh, ti si que tes boa precupación polos teus veciños, NINGUNHA. Estás inhabilitado para seres alcalde nin da túa casa.

imagen de usuario
CarballoDimision mércores 13 de setembro de 2017, 19:38
2

Carballo solo entiende un idioma, un as, 21 y una, 130, suuuuuuuuubasta!!, todo lo demás se la pela. menudo fichaje ha hecho el PP local, anda que no se debe de estar riendo Jaime por lo bajini y por lo altini xD

imagen de usuario
Rogelia martes 12 de setembro de 2017, 20:10
1

Rezo por ti Ramón.Tú nos salvarás de los delicuentes, siempre lo hiciste.