de actualidade
Liliane Bettencourt Liliane Bettencourt
 
Votacion: 
No hay votos
Sociedade | Gente 0

Bertín Osborne emociónase en 'Mi casa es la tuya'

O invitado desta semana, Antonio Carmona, celebrou unha festa na que Niña Pastori interpretou unha canción

Bertín Osborne, muy emocionado, al escuchar a Niña Pastori. TELECINCO

Bertín Osborne, muy emocionado, al escuchar a Niña Pastori. TELECINCO

Bertín Osborne non foi capaz de manter as bágoas na última emisión de Mi casa es la tuya ao escoitar a Niña Pastori interpretar en tema Cai.

O invitado desta semana era o cantante Antonio Carmona, que abriu a Bertín as portas da súa casa en Cádiz, onde celebrou unha festa rodeado de amigos e familiares, entre os que se atopaba Niña Pastori e o actor Imanol Arias.



No trascurso da festa, Niña Pastori comezou a cantar Cai, acompañada á guitarra por Carmona. Aos poucos segundos, Bertín Osborne estaba visiblemente emocionado e pediu á artista que volvese interpretar o tema. Finalmente, o presentador tivo que abandonar a estancia tras non poder conter a emoción.

"Nunca imaxinei que me emocionaría tanto e que terminaría o día afogado en pranto. E é que Cai e como Niña Pastori a canta teñen o poder de estremecer a alma ata o mismísimo quebranto", dicía Bertín Osborne ao final do programa.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.