PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
5 (1 voto)
España 1

Trapero ordena aos Mossos que impidan o referendo do 1-O

Transmitiu mediante unha nota as ordes da Fiscalía catalá para que os axentes "requisen urnas" e o resto de material necesario

O maior dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, á súa chegada á Fiscalía Superior de Catalunya. MARTA PÉREZ (EFE)

O maior dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, á súa chegada á Fiscalía Superior de Catalunya. MARTA PÉREZ (EFE)

O maior dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, transmitiu a "todas as unidades" da policía catalá as ordes da Fiscalía de Cataluña para que "requisen urnas" e todo o material do 1-O e centralizou na Comisaría Xeral a instrución de posibles dilixencias.

A Fiscalía Superior de Cataluña deu o martes directrices a Trapero, así a como os responsables da Garda Civil e a Policía Nacional en Cataluña, Ángel Gozalo e Sebastián Trapote, respectivamente, no transcurso dunha reunión na sede do ministerio público en Barcelona.

NOTA. Trapero asinou, horas despois, un comunicado interno, dirixido a "todas as unidades policiais do Corpo de Mossos d'Esquadra", no que informa da instrución 2/2017 emitida pola Fiscalía Superior de Cataluña, dirixida ás forzas e corpos de seguridade, Garda Civil, Policía Nacional e Mossos d'Esquadra.

O comunicado, ao que tivo acceso EFE, achega o contido íntegro da instrución de Fiscalía "co obxectivo de que todos os funcionarios pertencentes a estas unidades sexan coñecedores", da mesma.





"COORDINACIÓN".
Explica Trapero que a instrución fai referencia ao tratamento policial ante actos "que se executen por autoridades, funcionarios públicos ou particulares en conivencia cos anteriores, dirixidos á preparación e celebración do referendo de autodeterminación, en tanto que indiciarios de delitos de desobediencia, prevaricación e malversación".

Co obxectivo de manter "unha adecuada coordinación" e evitar "duplicidades" nas comunicacións a Fiscalía, a instrución das dilixencias policiais que se realicen con relación a este asunto estarán a cargo da Comisaría Xeral de Información, xa sexa a través dos seus servizos centrais ou a través das súas unidades territoriais.

Desta forma, será a Comisaría Xeral quen "transmitirá os ateigados á Fiscalía Superior de Cataluña ou ás Fiscalías Territoriais competentes, sen prexuízo de incorporar ás súas dilixencias as actuacións que as diferentes unidades do Corpo teñan que levar a cabo de xeito previo cando a urxencia da situación requira dunha actuación inmediata".

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Garcia Serrano mércores 13 de setembro de 2017, 13:43
1

Que vuelva Josè Marìa. https://youtu.be/JYwZAeBEWpc