de actualidade
Liliane Bettencourt Liliane Bettencourt
 
Votacion: 
5 (2 votos)
1

A Fiscalía ordena interrogar os alcaldes que apoian o 1-O

Se non comparecen, os rexedores poderían ser detidos ► A CUP xa anuncia que non irán voluntariamente ► Seis partidos piden a comparecencia urxente de Maza

José Manuel Maza. AEP

José Manuel Maza. AEP

O fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, enviou unha instrución aos fiscais de Cataluña para que citen como investigados (imputados) aos alcaldes que asinaron un decreto para ceder locais para celebrar o 1-O e, en caso de non comparecer, reclamen aos Mossos que os deteñan.

Maza, nun oficio dirixido aos fiscais xefes provinciais, pide que, á vista do número de municipios afectados, se dea preferencia na apertura de dilixencias de investigación a aqueles que teñan máis poboación.

A instrución achega a relación dos 712 concellos que, segundo a páxina web da Asociación de Municipios pola Independencia (AMI), asinaron decretos para pór a disposición do goberno da Generalitat os locais necesarios para levar a cabo o referendo convocado para o próximo 1 de outubro.

Ademais, o oficio recorda que, nunha carta asinada polo presidente catalán, Carles Puigdemont, e o vicepresidente, Oriol Jnqueras, contactouse con todos os concellos de Cataluña "esixindo que poñan locais a disposición do referendo ilegal" e insiste en que calquera conduta das "autoridades" que facilite o 1-O pode constituír delito.

COMPARECENCIA. Seis partidos rexistraron no Congreso a petición de comparecencia do fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, para que explique a súa decisión de ordenar que se impute aos alcaldes cataláns que cedan espazos para o referendo independentista do 1 de outubro.

A petición asinárona os portavoces de PDeCat, ERC, Unidos Podemos, Compromís, o PNV e Bildu, en resposta á instrución que Maza remitiu aos fiscais de Cataluña para que citen como investigados aos alcaldes que asinaron un decreto para ceder locais para celebrar o 1-O e, en caso de non comparecer, reclamen aos Mossos que os deteñan.

En rolda de prensa tras rexistrar esta petición, o deputado do PDeCat Ferran Bel, que é tamén alcalde de Tortosa (Tarragona), advertiu de que con esta medida Maza pretende actuar contra o 75 por cento dos alcaldes cataláns, máis de 700 rexedores aos que pretende imputar, ironizou, o "grave delito" de "facilitar o voto" dos seus cidadáns.

Os alcaldes da CUP non irán declarar voluntariamente

A CUP anunciou este mércores que a súa trintena de alcaldes non irán declarar voluntariamente aos xulgados por asinar o decreto de cesión de colexios electorais para o referendo do 1-O.

A CUP indica nun comunicado que os seus alcaldes "non asistirán a declarar" nin tampouco "comparecerán ante as citacións do fiscal xeral do Estado" e empraza ao resto de forzas políticas "a facer o mesmo ao amparo da Lei 19/2017 do Referendo de Autodeterminación".



Para predicar co exemplo, un dos alcaldes da CUP, o de Argentona (Barcelona), Eudald Calvo, publicou dous tuits, no primeiro dos cales se observa como "arquiva a advertencia do Goberno" pasándoa por unha trituradora de papeis. No segundo tuit afirma: "Teño moito traballo e non podo estar por estas bobadas. Quen queira falar comigo, xa sabe onde atoparme".

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
juantxo xoves 14 de setembro de 2017, 10:45
1

¿Es un estado de excepción?