PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
No hay votos
0

A Xunta presentará en outubro o plan reitor das Illas Atlánticas

O PSdeG denuncia a "incapacidade e mala fe" do Goberno galego na xestión da crise coas navieras que van ás Cíes

A conselleira Beatriz Mato. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A conselleira Beatriz Mato. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, incidiu en que a Xunta ten "serias dúbidas de que o PSOE estea a favor da protección das Illas Cíes" e sostivo que é o Goberno galego "quen máis traballa" na defensa do arquipélago vigués e por iso presentará o próximo mes o plan reitor de usos e xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. "Se hai alguén que está a facer algo polo coidado das Cíes é a Xunta", incidiu Mato nunha resposta parlamentaria a este respecto.

Pola súa banda, o deputado socialista Abel Losada asegurou que no PSOE apoian "radicalmente a protección" das Cíes e por iso denunciou a "ignorancia, incapacidade e mala fe" coa que se moveu a actuación do Goberno galego en canto ao exceso de visitantes que derivou nunha multa para as navieras.

Losada denunciou a "sobreventa de billetes" permitida pola Xunta e que se saldou con cinco multas que as navieras pagaron con "dous días de negocio". De igual forma, lamentou que se permitise saír do porto a embarcacións con máis das 2.200 persoas permitidas que poden visitar as illas nun día, para logo non deixalas desembarcar, "estaba a buscarse unha foto de caos organizativo" para responsabilizar ao goberno municipal de Abel Caballero. "Desde a Xunta querían que as Cíes pasasen das páxinas de lecer e turismo ás páxinas de sucesos e iso é mala fe", espetou o parlamentario.

Con todo, a responsable de Medio Ambiente reiterou que a Xunta sempre velará pola seguridade das persoas que gozan do patrimonio ambiental de Galicia e por protexer o medio natural por encima de todo e combinalo cun turismo sostible. Nese sentido irá encamiñado o plan que se presentarán no mes de outubro, e en que será debatido con todos os colectivos implicados para conseguir o maior consenso posible e poder aprobalo en 2018.

Ademais, asegurou que no citado plan, unha das cuestións que se terá en conta é a cota de visitantes ao parque, que se estudará en función da capacidade de carga deste espazo protexido e no que se regulará o sistema de cotas en todos os arquipélagos do parque nacional. No entanto, recordou que xa se tomaron distintas medidas para o control da cota de visitantes permitido, como o Código QR nos billetes ou as melloras na plataforma informática da central de reservas. 

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.