PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
No hay votos
Sucesos

Trasladada unha muller de avanzada idade en Chantada por unha intoxicación de gas

A vítima sufriu unha caída mentres cociñaba e quedou o gas butano aberto

Unha muller de avanzada idade tivo que ser trasladada a un centro hospitalario ao intoxicarse con gas butano na súa casa en Chantada, segundo informou a central de emerxencias de Galicia.

Segundo os datos facilitados ao 112, a señora sufriu unha caída mentres cociñaba e quedou o gas aberto. Os feitos tiveron lugar na parroquia de Pedrafita, en Paracostoira.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través do 061-Urxencias Sanitarias ás 16.25 horas deste mércores. Os profesionais sanitarios indicaron que, cando chegaron ao inmoble para atender á muller, detectaron un cheiro moi forte a gas. Acto seguido procederon a pechar a subministración e levaron a cabo as medicións, que deron negativas cando se dispuñan a trasladar á señora.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros da localidade, á Garda Civil, a Protección Civil e á empresa subministradora do gas. A dotación comprobou de novo as medicións, que resultaron negativas. Finalmente, os membros do parque comarcal ventilaron a vivenda.