PDF

Ver a portada de hoxe

 
Votacion: 
5 (2 votos)
Lugo 0

As vantaxes do bilingüismo

Dezanove alumnos de Lise Diwan, unha escola que imparte clase fundamentalmente en bretón e que destaca polos seus bos resultados académicos, visita o IES Xoán Montes

Grupo de estudantes e docentes bretóns, con Xosé Manuel González (esquerda). MAR CARREIRA

Grupo de estudantes e docentes bretóns, con Xosé Manuel González (esquerda). MAR CARREIRA

"Se desde pequeno falas dous idiomas resúltache máis fácil aprender outros despois", di Tifenn Lle Cann, unha estudante bretoa de 15 anos da escola Lise Diwan de Carhair nun aceptable español. O seu compañeiro, Julian Lle Bihan engade que ser bilingüe ábreche a mente. Ambos cren que ten moitas vantaxes, aínda que o 50% do seu bilingüismo sexa dun idioma non oficial e necesariamente vaian facer o último tramo da súa vida académica no outro 50%.

Os 19 alumnos do centro bretón que visitan Lugo con motivo dun intercambio cultural co IES Xoán Montes son boa proba de que, lonxe de facer a aprendizaxe máis lento ou complicar as cousas aos rapaces, estudar nun idioma dos considerados minoritarios e incorporar outros polo camiño ten vantaxes. Un dos dous profesores que os acompaña, Alan Kloareg, admite que o centro no que ensina adoita destacar polos seus bos resultados académicos e que cando os alumnos se examinan para o acceso á universidade estes resultan evidentes. Aínda que o ensino fágase en bretón desde a súa escolarización -co francés como segunda lingua e incorporando o inglés como terceira e o español como cuarta- e a pesar de que o exame sexa en francés.

Consegue a información completa

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.