PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
foto Julen Lopetegui
QUIROGA 
Votacion: 
No hay votos
0

A colleita de aceite de Quiroga alcanza os 35.000 litros

O sector celebrará o 8 de maio a súa tradicional feira nas inmediacións do muíño das Farrapas

Cata de aceites que se presentarán á feira. EP

Cata de aceites que se presentarán á feira. EP

O 8 de maio, Quiroga celebrará nas inmediacións do muíño das Farrapas, en Bendilló, a súa tradicional mostra de aceite. Este ano, a colleita superou todas as expectativas en canto a calidade e cantidade e estímase que a produción da comarca é de 35.000 litros.

Unha parte desa produción canalizarase a través da feira, pero outra xa leva un par de meses no mercado a través doutras canles de distribución como as tendas especializadas.

É o caso da marca Aceiroga, de Adegas Mondelo. O seu propietario, Manuel Mondelo, porá no mercado 2.000 litros. "Temos moitos puntos de venda, pero non renunciamos a estar nunha feira que lle deu un púo moi grande ao noso produto", explica. O pasado fin de semana, un grupo de expertos catou os aceites para esa cita.

Mondelo incrementou a súa produción entre un 10 e un 15% anual, incluso nas tempadas malas. Iso foi posible grazas á recuperación de oliveiras centenarias e ás novas plantacións.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.