de actualidade
Miguel Arenas Beltrán, Valtonyc_Es Actualidad Valtonyc
 
Votacion: 
5 (10 votos)
0

Patrimonio dos Ancares localiza outras seis mámoas en Cervantes

O conxunto de enterramentos megalíticos descubertos polo colectivo na zona ascende a once ► As achadas no mes de febreiro xa foron catalogadas por técnicos da Xunta

Unha das mámoas localizadas. . EP

Unha das mámoas localizadas. . EP

O colectivo Patrimonio dos Ancares descubriu, nun radio aproximado duns 450 metros, a existencia de novos seis enterramentos megalíticos que, ata o momento, non estaban documentados. O achado tivo lugar nos montes de Savane e Folgueiroa, no municipio de Cervantes, e súmase ás outras cinco mámoas descubertas con anterioridade, tres delas coñecidas como Pena do Mouros que xa estaban documentadas, e as outras dúas localizadas en febreiro. 

Precisamente, estes dous últimos descubrimentos foron tamén recentemente catalogados polos técnicos do Servizo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, co nome de Savane 1 e Savane 2, por atoparse ambas nun monte do mesmo nome, pertencente á parroquia de Quindous, en Cervantes. 

Consegue a información completa

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.