Votacion: 
5 (11 votos)
9

Un petróglifo de Vilasouto utilízase como trampolín

Un historiador reclama ao Concello do Incio protección para o ben

Uns bañistas, á beira da roca na que está o petróglifo. EP

Uns bañistas, á beira da roca na que está o petróglifo. EP

O petróglifo de Agro do Pepe, situado en Vilasouto (O Incio), é utilizado polos bañistas como trampolín cando as augas do encoro están baixas e o deixan ao descuberto. Incluso se usa como embarcadoiro de piraguas e para tomar o sol e deixar as cousas, segundo denunciou o historiador Xabier Moure.

O verán é a época de "maior perigo" para estes gravados, que son Ben de Interese Cultural (BIC), dixo. A isto súmanse os actos vandálicos e a erosión da auga, o que está a "danalos gravemente" e reclamou maior protección.

Consegue a información completa

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Xabier martes 19 de xullo de 2016, 23:26
9

As obras do encoro creo que remataron a finais dos anos sesenta, hai máis de 45 anos. Descoñezo se alguén pediu protección, e aínda que se pedira extráñame que lle fixeran caso xa que corrían os tempos que corrían e os "pantanos" eran a nena bonita do réxime.

imagen de usuario
Incio martes 19 de xullo de 2016, 16:00
8

Non vexo que cando se acordou crear o embalse, coas consecuencias que atraía, ninguén se preocupara do petroglifo, o cal queda tapado pola auga cando, polo inverno, está o embalse a case o 100%.

imagen de usuario
Xela martes 19 de xullo de 2016, 11:08
7

Pensador, creo que erraches o apodo. Menudo nivel! Nin fai falta secar o encoro nin a auga a ninguén, só piden protexer "a pedra" e sinalizala.

imagen de usuario
Pensador luns 18 de xullo de 2016, 23:57
6

Pois eu penso e penso ben, que a única opción de protexer un ben tan importante, ( sobre todo vos que viven deles) e secar o embalse e quitala a auga os veciños e poñelos a gardar o maxestuoso ben, eso si antes a ver que opinan

imagen de usuario
Colombro luns 18 de xullo de 2016, 22:49
5

A confederación hidrográfica tamén terá culpa, pero o petróglifo está dentro do territorio municipal do Incio e polo tanto, segundo a lei, guste ou non guste, a responsabilidade é do concello. E se este considera que lle hai que pidir responsabilidades á confederación que o faga.

imagen de usuario
Incio luns 18 de xullo de 2016, 21:05
4

E non terá toda a culpa o concello ou? Que a CHMS Confederación Hidrográfica ben que se move para o que quere pero despois para traballar e protexer nadita eh.