de actualidade
El torero Sebastián Palomo Linares en 2010 Palomo Linares
 
Votacion: 
5 (8 votos)
3

Patrimonio dos Ancares documenta os primeiros petróglifos da Fonsagrada

Situados no Alto de Cerredo, son pequenas covas comunicadas entre si por surcos, que poderían constituír un espazo ritual

Unha das pequenas cazoletas gravada na pedra. EP

Unha das pequenas cazoletas gravada na pedra. EP

O colectivo Patrimonio dos Ancares atopou e documentou os primeiros petróglifos que se atopan na Fonsagrada. O achado tivo lugar, en concreto, no alto de Cerredo, na parroquia de Vieiro, nun gran afloramento de lousa, situado a uns 930 metros de altitude. En total, localizáronse catro rocas, tres cunha pequena cova cada unha.

O motivo máis interesante atópase nunha das rocas lixeiramente inclinada, na que hai un grupo de tres cazoletas de sección semiesférica de clara factura artificial, cunhas medidas aproximadas de cinco centímetros de diámetro e unha profundidade de entre 1,5 e 2 centímetros, unidas entre si por uns surcos. Así, pódense aprecian dúas pequenas covas que, por medio dunhas estreitas canles, comunican cunha terceira, lixeiramente máis grande. Ademais, apréciase que un destes surcos foi repicado con algún obxecto metálico nun período posterior.

Consegue a información completa

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Quintana sábado 19 de novembro de 2016, 21:27
3

Un piroclasto en pizarra. Un poco difícil. ¿No crees Paxaropinto?

imagen de usuario
Groizard sábado 19 de novembro de 2016, 21:22
2

Paxaronpinto, en Galicia temos centos de cazoletas unidas por canles de factura claramente artificial, tantos soas como formando parte doutros motivos. Ao menos a coviña que se ve na foto é produto dunha man humana.

imagen de usuario
paxaropinto sábado 19 de novembro de 2016, 17:09
1

Normalmente los petroglifos son el labrado de figuras dibujadas sobre piedra..... pero unos pequeños agujeros unidos por un surco.... me parece mas una formación geológica de roca piroclásticas