PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Liliane Bettencourt Liliane Bettencourt
 
Votacion: 
No hay votos
0

Apecsa premia á revista ‘Peregrino’ por promover o fenómeno xacobeo

A asociación de xornalistas entregou na abadía de Samos o galardón a unha publicación "única", que trata de "plasmar e retratar toda a historia e xeografía do Camiño de Santiago"

O director da revista ‘Peregrino’ (esquerda), durante a entrega do galardón. PORTO

O director da revista ‘Peregrino’ (esquerda), durante a entrega do galardón. PORTO

A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (Apecsa) entregou este sábado no mosteiro de Samos o cuarto premio Apecsa de divulgación da ruta, que recaeu na revista ‘Peregrino’ por ser "unha extraordinaria canle de promoción do fenómeno xacobeo" e polo seu "valor divulgativo a prol do Camiño".

Apecsa premiou os doce números da publicación correspondentes a 2014 e 2015, exemplares que "enmarcan un proxecto editorial moito máis amplo que se remonta ao ano 1987", apuntou o colectivo de xornalistas.

Consegue a información completa

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.