de actualidade
Marine Le Pen Marine Le Pen
 
Votacion: 
5 (6 votos)
0

Patrimonio dos Ancares acha un terceiro grupo de mámoas en Cervantes

No seu centro obsérvase o que os expertos denominan como un cráter de violación, que indica que a tumba foi saqueada.

Surcos que deixou unha escavadora que destruíu mámoas nos Forniños. EP

Surcos que deixou unha escavadora que destruíu mámoas nos Forniños. EP

Integrantes do colectivo Patrimonio dos Ancares acharon recentemente o terceiro grupo de mámoas que descobren no municipio de Cervantes. Atópanse no monte coñecido como Golada do Campo do Circo, situado entre as aldeas de Porcís, na parroquia de Noceda, e O Portelo, na de Vilarello. 

Un dos túmulos ten unhas medidas de 19 metros de diámetro e unha altura de 1,30 metros. No seu centro, obsérvase o que os expertos denominan como un cráter de violación, que indica que a tumba foi saqueada. A segunda mámoa ten un diámetro duns quince metros e unha altura de 1,05 e tamén ten sinais de ser violentada. Os novos achados arqueolóxicos atópanse a pouco menos de cincuenta metros do límite entre as provincias de Lugo e León. 

O historiador Xabier Moure, un dos integrantes de Patrimonio dos Ancares, destaca que as dúas mámoas están situadas a uns 500 metros doutro grupo de tres enterramentos, que forman parte da necrópole megalítica coñecida como Os Forniños, da que algúns dos túmulos atópanse na provincia de Lugo e outros, na de León. Parte desta necrópole foi arrasada por unha escavadora durante a realización duns traballos na zona. 

Os outros dos grupos de mámoas atopados en Cervantes por Patrimonio dous Ancares xa foron catalogados pola Xunta, tras a correspondente visita ao lugar dos técnicos de Patrimonio.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.