de actualidade
Liliane Bettencourt Liliane Bettencourt
 
Votacion: 
No hay votos
1

O persoal asegura que o Balneario de Guitiriz "segue aberto por nós"

Os traballadores denuncian as súas precarias condicións, ao estar "baixo mínimos" en todos os departamentos, e a falta de xestión

Concentración de trabajadores del Hotel Balneario de Guitiriz. . C.Pérez

Concentración de trabajadores del Hotel Balneario de Guitiriz. . C.Pérez

Hoxe son 44 traballadores, pero chegaron a ser máis de 70 para manexar exactamente as mesmas instalacións, as dun Hotel Balneario de Guitiriz que o sábado permanecía practicamente baleiro tras a convocatoria dunha folga parcial indefinida que secunda a gran maioría do persoal. "Isto segue aberto por nós, porque se fai máis do que se debe, e é que nin sequera temos xefes de departamento", explican os traballadores, que onte pola mañá se concentraban por segunda vez na entrada do hotel para reivindicar o pago das pagas extras de xuño e decembro de 2016 e das nóminas de xaneiro e febreiro deste ano.

"Se ata o de agora non viñésemos traballar sen cobrar, isto xa estaba pechado", aseguran algúns deles, falando con incerteza do futuro deste símbolo guitiricense. "Botamos aquí mil horas, pero que vas facer?, os clientes non teñen culpa", insisten, recordado que a ocupación nos últimos meses foi boa, con moitos fins de semana "ao 100%".

Consegue a información completa

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Sindo Martinez luns 20 de marzo de 2017, 22:26
1

Es una pena que en Guitiriz pase esto, pero no dejeis de pelear porque los de fuera damos "tabaco" y no solucionamos nada. Mucha suerte y que lo que haceis sea un ejemplo para muchos mas trabajadores.