de actualidade
Goretti Sanmartín Goretti Sanmartín
 
Votacion: 
5 (2 votos)
0

Embaixadores sarriáns en Cuba

A sociedade Hijos del Distrito de Sarria en La Habana naceu en 1917 da man de medio centenar de emigrantes procedentes da comarca. O colectivo ten na actualidade máis de 650 integrantes

Celebración do centenario da entidade. EP

Celebración do centenario da entidade. EP

A emigración de galegos a Cuba foi importante a principios do século XX e tamén de veciños da comarca de Sarria. Uns 7.000 quilómetros separan esta e o país caribeño, pero medio centenar de sarriáns non esqueceron as súas raíces e fundaron hai un século a sociedade Hijos del Distrito de Sarria en La Habana co fin de manter a cultura da súa terra de orixe e colaborar con ela.

A entidade foi creada o 27 de febreiro de 1917 da man de emigrantes dos concellos de Sarria, Paradela, Triacastela, O Incio, O Páramo, Láncara e Samos. O colectivo naceu con máis de 70 integrantes, dos que 50 foron os seus fundadores legais, recorda a actual presidenta da asociación, Emelina Nancy Aja Domínguez, quen encabeza a entidade desde hai seis anos.

Creada unha distinción en recordo dunha veciña de Samos

Durante os actos de celebración tamén se fixo entrega dun premio en recordo dunha veciña de Samos. Trátase da distinción María Magdalena López Camiño, 'Maruja'.

Foi creada en memoria desta muller nacida no seo dunha familia de Samos e que foi "incansable loitadora e impulsora do traballo social deste colectivo", explica Emelina Nancy Aja. Este recoñecemento foi para sete personalidades "vinculadas coa comunidade pola súa destacada colaboración e apoio ao colectivo e ao traballo entre as sociedades galegas", recolle Galicia Exterior.

Consegue a información completa

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.