PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
4.3 (6 votos)
7

A Xunta eliminará 50 reses dunha gandería de Riotorto por un caso de tuberculose

José Lamas non aceptou a oferta de 18.000 euros polos seus animais e pechará a explotación. Medio Rural xustifica a decisión en que se trata dunha enfermidade de todo o rabaño

José Lamas atende a súa explotación. JOSÉ Mª ÁLVEZ

José Lamas atende a súa explotación. JOSÉ Mª ÁLVEZ

José Lamas Doval, gandeiro dunha aldea da parroquia riotortense de Galegos, está a piques de ter que dar un xiro á súa vida. Todo empezou cando en abril dúas das súas vacas deron positivo na proba da tuberculina, aínda que despois só se confirmara a enfermidade nun dos animais. A partir de entón empezou unha odisea para tratar de que a Consellería de Medio Rural non elimine a totalidade das súas reses a cambio de 18.000 euros, unha cantidade que considera insuficiente. Pero en todo caso, aclara que "non se trata dunha cuestión de cartos, tratar dunha cuestión dun medio de vida. Vivo nunha aldea na que só quedo eu. Non hai ninguén máis. Teño 56 anos e por unha vaca que deu positivo queren sacrificarme as trece que teño aquí, trece cabras e vinte ovellas, e iso que din que as ovellas non a transmiten".

Fontes da Consellería de Medio Rural contestaron este luns á situación deste gandeiro e aínda que as cifras que manexan de número de animais non coinciden coas de José Lamas, basicamente sosteñen que no caso da tuberculose a súa política é "moi estrita" e seguen o principio de que non se trata dunha enfermidade dun animal en solitario, senón dun rabaño completo, que é moi difícil de erradicar totalmente e que polo tanto cando se detecta un animal enfermo nunha explotación elimínanse todos e concédense axudas ao propietario.

Lamas Doval afirma que chegou a sentirse intimidado polo trato que lle dispensaron algúns dos responsables autonómicos que se desprazaron ata a súa explotación neste tempo e di que non atenden a formulacións básicas: "Como sei que os meus animais están ben, cheguei a propoñer pagar eu a proba da tuberculose para todos os animais as veces que faga falla, pero non me deixan", lamenta. A Xunta opón que fan isto porque "a tuberculose bovina é unha enfermidade infectocontaxiosa de alta difusión, de difícil detección e de prolongada persistencia no medio".

Agora o afectado atópase xa nun punto de non retorno porque lle deron de prazo ata o luns para ter a todos os seus animais sacrificados, o que asegura que non vai facer, "así que non sei que vai pasar". Púxose en contacto co alcalde, o popular Clemente Iglesias, "que me dixo que isto non podía ser e que non había dereito, pero non volvín saber nada del".

O gandeiro cre que en xeral "aos alcaldes e aos políticos éncheselles a boca de falar de potenciar o rural, pero a realidade é que non fan nada. Isto non pode ser. Temos que estar máis protexidos porque esta é unha situación ilóxica de todo". Deixa ademais moi claro que "se ao final me sacrifican todos os animais, eu marcho: Que vou facer aquí? Non teño nada que facer e non vou seguir coas vacas de leite, iso seguro. Pouco a pouco, todo isto está a quedar abandonado de todo", di.

A Xunta recórdalle que pode solicitar "tres indemnizacións: polo sacrificio obrigatorio das reses, polo lucro cesante e axuda para a reposición das reses sacrificadas. E proporciónalle o servizo de limpeza e desinfección".

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
apoyo a jose lamas po la decision de un veterinario de cerran a ganaderia mércores 13 de setembro de 2017, 10:16
7

damosche o apoyo a que non teñas que cerran a tua ganadería donde esta o da xunta por una vaca non hay que matar toda aexplotacion ganadera de vacas e o veterinario ven ben eso e una rese a que esta enferma non e toda a explotación vergüenza están acabando con las explotaciones sin ganaderos no vivimos señores mantener los pueblos vivos el apoyo desde el municipio de riotorto y el mundo se enterre que si campo no hay vida señores políticos llamen agropopular y hable con cesar lumbrearas y que si puede le meta enantena y hable el con la ministra de agricultura y baya haber su explotación gracias todos somos de riotorto lugo todos unidos al campo agricultores de riotorto

imagen de usuario
S.g.c martes 12 de setembro de 2017, 22:48
6

#5 hostia tu...no Meu concello sólo che hemos un veterinario...moi rico debes ser para ter tanto veterinario a soldo.

imagen de usuario
Gandeiro martes 12 de setembro de 2017, 16:09
5

#4 eu teño ""vacas""y pregunto al veterinario?!???!?!?!.... a cuál, al de reproducción,al de mamitis, al de alimentación,al clínico...... hai muchos veterinarios en una explotación........y digo que algo falla cuando cada vez aparecen más casos..........o mellor se compráramos menos reses fora iríamos mellor..y con algunas de las enfremedades que citas no se hacen campañas al 100% de los efectivos como nas vacas ...... listoooooo

imagen de usuario
Antimugre martes 12 de setembro de 2017, 14:52
4

#3 preguntalle ao veterinario, Meu rei, preguntalle ao veterinario.. Ah...e non te esquezas de colgar o paso prohibido para a meninxite, o lyme e as encefalopatias.

imagen de usuario
Gandeiro martes 12 de setembro de 2017, 12:24
3

#2 tu opina lo que quieras y deja que los demás opinen .....e....ti entendes algo de vacas e do tema da noticia??? Se non entendes CALA.... que eu perro flauta non che son........ manda carallo cos entendidos......

imagen de usuario
Antimugre martes 12 de setembro de 2017, 11:13
2

#1 tamén se deben pechar as fronteiras para o bacilo de Koch.....non vaia ser que entre, e xa que estamos tamén, que se prohíba a entrada da gripe, e demais enfermidadez ..( menuda ocurrencia a do mugremita #1)