PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
5 (1 voto)
Galicia | Lugo

Deteñen a un mozo de 28 anos por violar a orde de afastamento da súa ex en Lugo

Os policías que practicaron a detención estaban a realizar o correspondente dispositivo de protección da muller

Axentes da Policía Autonómica de Lugo detiveron nas últimas horas a un mozo de 28 anos por quebrantar a orde de afastamento que lle prohibe achegarse á súa exparella a menos de 300 metros, ditada polo Xulgado de Instrución número 3 da capital lucense, que se encarga dos casos de violencia de xénero.

Os policías que practicaron a detención estaban a realizar o correspondente dispositivo de protección da muller, cando detectaron a presenza da súa exparella nas inmediacións do domicilio da vítima, na cidade de Lugo.

Despois de identificalo, procederon á súa detención por un delito de violencia de xénero contra a súa exparella.

Actualmente, a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 220 vítimas da violencia machista.