de actualidade
Liliane Bettencourt Liliane Bettencourt
 
Votacion: 
5 (3 votos)
Lugo 1

A Xunta descarta usar por agora un camión para sacar area na muralla

A administración tivo que descartar esa opción, polo menos para os dous primeiros cubos, porque era inviable tecnicamente

Traballos de restauración nun cubo da muralla. PEPE TEJERO

Traballos de restauración nun cubo da muralla. PEPE TEJERO

Aínda que a previsión inicial da Xunta era recorrer, por primeira vez, a un camión para absorber a area dos cubos da muralla que se van a restaurar, a administración tivo que descartar esa opción, polo menos para os dous primeiros, porque era inviable tecnicamente.

Segundo fontes autonómicas, logo de realizar a preceptiva cata para comprobar de que materiais estaban compostos, constatouse que un deles non dispón de ningún recheo ao estar oco e, xa que logo, os traballos cinguiranse á compactación, sen que sexa necesario baleiralo.

No cubo contiguo, no que aínda non se iniciou a intervención, tampouco se poderá recorrer a esta solución porque o interior inclúe area e formigón. Tal como explicou a Xunta, empregar o camión podería danar a estrutura ao estar presente este material no interior da construción.

Por iso, desestimouse utilizar este vehículo, que podería acurtar o tempo de intervención nun mes, nos cubos LXX e LXXI, situados na contorna do edificio administrativo da Xunta e a cuxa restauración se destinan 218.000 euros.

Nunha segunda fase levará ao cabo a recuperación do LXXX, nas inmediacións de San Fernando, e do XIX, nas proximidades de Porta Miñá. Cun orzamento de 375.000 euros, a cata de materiais será determinante para decidir se neles pódese usar ou non o camión.

Polo momento, tres operarios de Resconsa traballaban onte ao mediodía na retirada das capas máis superficiais dos materiais do cubo situado xusto fronte á delegación da Xunta. Dous cubos máis aló, íanse apilando parte dos elementos extraídos.

CABICHAS. Persiste, en tanto, o problema de sucidade no monumento. Segue habendo bolsas con feces caninas (onte ao mediodía apenas había un par) e a presenza de cabichas era unha tónica xeneralizada ao longo do adarve. Os dous cubos situados fronte ao Fogar de Santa María sumaban máis de tres decenas de restos de cigarros, unha situación que tamén se aprecia con nitidez na contorna da Mosqueira. Algún tapón de botella, envoltorios de caramelos e ata un ticket dunha peaxe completaban onte o panorama do incivismo. Aínda así, a muralla viviu días moito máis sucios.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Brasa mércores 13 de setembro de 2017, 10:57
1

Pois manda carallo ca noticia,e mandarian un ingeniero titulado polo menos pa contar as colillas e os papeles dos caramelos,bueno cousas da xunta e das mamandurrias dos periódicos que chupan as subvencios