PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
No hay votos
1

Os pisos "choio" chegan a Vilalba con vivendas por menos de 50.000 euros

Unha entidade financeira lanza unha campaña para vender inmobles a baixo custo ► Dos 19 que ofrece na provincia, 13 están na capital chairega

Promoción de pisos da Avenida Terra Chá de Vilalba. M.ROCA

Promoción de pisos da Avenida Terra Chá de Vilalba. M.ROCA

Os denominados pisos "choio", xurdidos principalmente en zonas costeiras tras a explosión da burbulla inmobiliaria, chegaron a Vilalba con prezos que non superan os 50.000 euros. Isto é posible grazas a unha campaña que acaba de lanzar a entidade bancaria BBVA, que ofrece vivendas por menos desa cantidade en toda España e que só estará dispoñible ata o próximo 31 de outubro.

No caso da provincia de Lugo, están rexistradas 19 vivendas, das que 13 están situadas na capital chairega. Todas elas pertencen á mesma promoción, un bloque de pisos situado na intersección das avenidas Terra Chá e Cospeito –case enfronte do campo da feira– edificado no ano 2014, sendo a oferta inmobiliaria da campaña do BBVA de máis recente construción na provincia.

Outras gangas: 31 ofertas máis no resto de Galicia

A campaña de casas por menos de 50.000 euros do BBVA ofrece 31 vivendas máis no resto de Galicia á parte das 19 que hai en Lugo, que é a segunda provincia con máis inmobles, por detrás da Coruña, onde hai 21. En Pontevedra están á venda sete e en Ourense, tres.

Unifamiliares
Na provincia lucense hai cinco chalés á venda: dous en Lourenzá, outros dous en Sober e un en Monforte de Lemos. Ademais, hai un piso en Quiroga. Os prezos van dos 12.000 aos 45.500 euros.

Consegue a información completa

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Carmiña Vacaloura mércores 13 de setembro de 2017, 17:44
1

Vaya publirreportaje os habéis marcado.