Opinión

Limitación de mandatos

RESÍSTESE o PP a cumprir a parte pactada con Ciudadanos de limitar os mandatos. Aférrase ao poder persoal por riba do partido. É igual de democrática a repetición sen couto que fixar un tope, se ben a renovación, aínda que sexa da mesma cor política, mellora a saúde do sistema, que na actualidade está bastante deteriorada. Oito anos son abondo para desenvolver proxectos de país, de comunidade ou de concello, e esa marxe debería servir para atenuar o capitalismo clientelar rampante nas institucións do que só se coñecen mínimos tentáculos, pero que fan asumir ás administracións máis gastos dos que deberían polas comisións que quedan polo camiño, e ademais con esta corrupción quen recibe o beneficio privado non é a empresa máis competitiva senón a máis viciada. Dobre podremia tan estendida que parece non ter fin a pesar da parcial presión cidadá e a limitada actuación xudicial.

Comentarios