Opinión

O fútbol infantil non é lugar para pais

AGORA TRASCENDEN porque cada un de nós leva un aparello que permite reproducir imaxes e transmitilas. Pero leva décadas ocorrendo. Os campos de fútbol son escenarios habituais de violencia, física ou verbal. Certo que cada vez menos, debido á presión institucional, pero non existe partido carente de insultos, a maioría anónimos, aínda que tamén os hai corais, de grupos organizados que pasan horas elaborando cánticos ofensivos. Se é reprobable isto, máis aínda que a violencia se produza entre pais de cativos, adultos que posiblemente se se lles pregunta responderán que levan os fillos a xogar para que desenvolvan valores como respecto, colaboración, compañeirismo, xogo limpo e tantos outros sobre os que non predican co exemplo cando se lían a trompadas, quizais porque en realidade pensen que teñen na casa o novo Messi e que gañar en infantís ou alevíns é o principal valor.

Comentarios