Opinión

Servizos privados con fondos públicos

COINCIDE O debate sobre o pago polos servizos relixiosos católicos nos hospitais públicos nunha época especial para os crentes, a Semana Santa, aínda que convertida cada vez máis en celebración turística revestida de devoción. Porque aínda que preto do 70% dos españois se declare católico, máis do 60% asegura non acudir a ningún oficio. E dos que si van, moitos fano por actos que se poden considerar sociais, como vodas, bautizos ou enterros.

Ninguén debe privar aos millóns de católicos de practicar a súa relixión, pero son comprensibles as críticas dos que non comungan con este exercicio privado por ser sustentado con diñeiro de todos. E máis ao contrastar os axustes sanitarios co mantemento dos servizos relixiosos que queda reflectido no chiste de Davila de alguén que lle pregunta ao hospitalizado en estado grave: "Tes cura?", e este responde: "Cura si teño, o que non teño é médico".

Comentarios