Opinión

Algo saberá, ou se non, que negue

OUTRA vez o ministerio público acusador, representante de toda a sociedade potencialmente atacada, léase Fiscalía, volve converterse en defensor, igual que ocorrera coa infanta Cristina. Non vía motivos (tampouco a Avogacía do Estado, que non deixa de ser unha especie de dirección xeral do Goberno) para que Rajoy declarase por un asunto, o Gürtel, no que está implicado o partido que agora preside e no que antes ocupou a secretaría xeral, polo que previsiblemente debería estar ao tanto das actividades do tesoureiro Bárcenas. Pero o tribunal non opina o mesmo e entende que algo terá que dicir e cítao como testemuña, polo que terá a dubidosa honra de ser o primeiro xefe de Executivo en prestar declaración nun xuízo, pois Felipe González fíxoo unha vez nun período de instrución e outra diante do Supremo cando xa abandonara a Moncloa. A ver canto aclara dun asunto tan turbio.

Comentarios