Opinión

As primarias cárgaas o demo

A ESTAS alturas, a excepción dos poucos que manexan as prospeccións sociolóxicas dentro do PSOE, case ninguén se aventuraría a dar un gañador para o liderado do partido. Desde logo non é difícil vaticinar quen carece de oportunidades dentro da terna debido ao voto útil, pero dos outros dous calquera se pode facer coa secretaría xeral. E quen o consiga farao desde a debilidade dunha formación política rota, no que a aspirante non foi quen de construír un discurso convincente, só aferrada a un aparato feble co que pensaba que sería suficiente para superar ao candidato derrotado dobremente nas urnas (igual que Rajoy, vencedor á terceira) e derrocado no comité federal. E este fiouno todo á imaxe do pobre maltratado polos poderes fácticos do partido e o único que pode manter a esencia socialista fronte o entreguismo ao PP. Como dixo un histórico dirixente, as primarias cárgaas o demo.

Comentarios