Opinión

Luces e sombras no PP

MENTRES POR un lado a negra sombra do financiamento ilegal se expande sobre o PP, por outro o partido amosa unha gran capacidade de negociación, algo descoñecido na anterior lexislatura, porque non lle facía falta. E así, foi sumando apoios para poder aprobar os orzamentos xerais do Estado, a falta só de un deputado.

Non está feito, pero o trámite parece cercano a ver a luz no Congreso, o mesmo lugar no que, pola contra, toda a oposición reprobou un ministro e os fiscais xeral e anticorrupción. Seguirán nos seus postos, pero é un golpe político, igual que o fora co ministro do Interior tempo atrás, pero daquela nunha comisión e agora nun pleno. Para compensar o mandobre recibido, o PP amosa cintura ao obter a condescendencia da antiga CiU en forma de abstención para alumear a liberalización da estiba tras catro anos de conflito. Os apuros obrigan a cesións.

Comentarios