Opinión

Exceso de condecoracións

NON VOU dicir que algúns non o merezan, como moitos outros traballadores de calquera campo laboral por facer máis do que se lles pide nas empresas, pero unha revisión das condecoracións a membros das forzas de seguridade do Estado reflicte unha esaxeración, por non dicir abuso, que non se dá en ningún outro sector. Sirva como exemplo que Jorge Fernández concedeu preto de 600 distincións pensionadas nos seus cinco anos como ministro de Interior, unha delas a un policía que gañou un concurso de televisión como feito máis salientable. E el, ofendido ao transcender esta noticia, contestou con todo o seu currículum, que non é máis que o seu traballo, polo que xa cobra mensualmente. Estas medallas, que levan aparellado un 10% de incremento de soldo, pagámolas todos. Aínda que a próxima vez que haxa unha festa oficial de axentes seguro que volve haber desfile de galardóns.

Comentarios