de actualidade
foto Mª T. Campos
Vídeo

O Porto de Celeiro poxa por primeira vez pescada de pincho co certificado Friend of the Sea

O Porto de Celeiro poxou este luns a primeira pescada europea de pincho distinguida co certificado Friend of the Sea, que acredita que as capturas proceden dunha actividade sostible tanto para o medio marítimo como para os mariñeiros.

O director adxunto do Porto, Eduardo Míguez, celebra con "orgullo" que as xentes do mar e as súas familias vexan recoñecida "unha vez máis" a súa constancia e traballo por unha pesca "responsable e sostible".