PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
Vídeo

A estraña morte de doce monos por un ataque ao corazón

Os traballadores forestais dunha zona boscosa de Mohammdi de Lakhimpur Kheri, na India, acharon a doce monos mortos na selva. Nun primeiro momento barallouse a posibilidade de que puidesen ser envelenados ou cazados pero, tras realizarlle as pertinentes autopsias, confirmaron que a causa das mortes foi un ataque ao corazón. Algúns veterinarios sinalan que os mamíferos puideron asustarse co ruxido dun tigre e o terror provocarlle un paro cardíaco.