Pardiñas, la romería ''más grande que pueda existir''

La pregonera de esta edición, Pilar García Negro, destacó que Pardiñas es ''el faro nacional gallego''. (MIGUEL VÁZQUEZ)
photo_camera La pregonera de esta edición, Pilar García Negro, destacó que Pardiñas es ''el faro nacional gallego''. (MIGUEL VÁZQUEZ)

A música soou ao longo de toda a xornada de onte no XXXV Festival de Pardiñas. Estendeuse a través das moitas interpretacións improvisadas, retumbou grazas aos alumnos do obradoiro de Treboada, bailouse ao ritmo doa Oxford University Ceilidh Band, ruxiu na esencia do bravú dos Diplomáticos do Monte Alto e sentiuse a través dos versos musicados de Xosé María Díaz Castro que presentou A Quenlla.

Mesmo as verbas do pregón de Pilar García Negro soaron a música cando gabou a Alfonso, «a alma máter deste festival» e a Xermolos «que acumula moitas décadas de vida, de actividade cultural e social».

A encargada de pórlle voz á Feira e Festa da Música e da Arte neste 2014 quixo destacar Pardiñas coma o «faro nacional galego» e usou o festival como metáfora do que podería acontecer en Galicia: «Aquí temos un exemplo magnífico para sentirnos galegos, desterrarmos os localismos e igual que Díaz Castro se reencontrou con Galiza a través da literatura, nós temos que encontrarnos co noso ser galego, tamén politicamente, a partir da arte e da literatura, da artesanía, de todo o que producimos».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios