Mario Roldán: ''En el corto hay crítica social sobre hechos de la vida cotidiana''

Mario RoldánO actor atópase inmerso nos últimos detalles de ‘Entre cans’, a curta que dirixe e que se estreará nuns dous meses. Ademais, ten en mente novos proxectos audiovisuais gravados na cidade do Cabe

os monicreques comezaron a formar parte da súa vida cando tiña vinte anos. Foron e seguen sendo parte importante da súa vida xa que, tras uns inicios ligados ós bonecos, o camiño deste monfortino sempre quedaría rexunguido ao teatro e ao cine. Mario Roldán (Monforte, 1963) era un mociño con moita timidez que se lle perdeu da man destes bonecos que o guiaron cara a posición na que hoxe se atopa, un recoñecido actor. Roldán non cre na pureza das técnicas e asegura con rotundidade, as veces que sexa preciso, que xamais elixiría unha como preferida sobre as demais. Conta con numerosos traballos e viviu no estranxeiro para mellorar a súa paixón. Encántalle a luz negra das terras dos países do leste.Agora atópase inmerso nun novo traballo relaccionado coas terras monfortinas.

En que anda a trebellar?

Estou a traballar nunha curtametraxe, titúlase ‘Entre cans’. Nela hai diversas historias e ten tamén fortes pinceladas de crítica social sobre feitos da vida cotiá que lle poden acontecer a calquera ser humano. Un individuo pode ser moi boa persoa, mais pode tamén ser alonxado desta característica dunha forma brutal pola vida mesma. Non podo adiantar moito máis, porque me gustaría que fose unha sorpresa para o espectador.

En que fase do traballo se atopa inmerso neste momento?

Xa temos todo gravado e agora estamos a traballar na edición. Os membros do equipo somos todos de Monforte. Noutras ocasións xa teño traballado con xente de aquí, persoas da zona que se adican ó ámbito do audiovisual e este era un dos aspectos imprescindibles que quería manter no traballo. Os actores tamén son

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios