Pezas de roupa tecidas a man para honrar a Rosalía de Castro

A plataforma de crítica literaria A Sega organizou estes actos nos que colaboraron artistas da comunidade galega que quixeron lembrar a escritora natural de Padrón, cubrindo as súas esculturas con bufandas, chales ou chapeus
Rosalía de Castro, un el homenaje por el 178 aniversario de su nacimiento
photo_camera Rosalía de Castro, un el homenaje por el 178 aniversario de su nacimiento

A plataforma de crítica literaria A Sega honrou a Rosalía de Castro, nacida hai 178 anos, cubrindo con pezas tecidas por mulleres, dende unha bufanda a un chapeu, os bustos e estatuas erixidos en honor a esta poetisa.

A participación foi de xeito individual e colectivo e, ante algunhas das figuras, celebrouse unha lectura, á que se sumaron artistas da Comunidade galega que quixeron lembrar á escritora natural de Padrón (A Coruña) co gallo desta efeméride.

Todos os que se sumaron a esta iniciativa tomaron unha fotografía co propósito de difundir o material a través das redes sociais e de, posteriormente, elaborar un mural coas imaxes que se fosen recompilando, procedentes de diferentes cidades e vilas. Os concellos non puxeron obxección algunha a esta homenaxe.

Trátase doutra acción máis para ensalzar esta figura das letras, posto que tamén a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou un amplo programa de actividades, acompañado por iniciativas en moitos concellos da Comunidade, para conmemorar a celebración do Día de Rosalía o 24 de febreiro, data do seu nacemento.

As homenaxes para Rosalía chegaron de diferentes puntos da orografía galega, pero tamén da española e lusa

Con estas accións, a AELG buscou institucionalizar esta celebración co lema "Eu son Rosalía", animando á cidadanía a agasallar cun libro en galego e unha fror.

O obxectivo: impulsar a realización de actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de maneira que cada lector descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificado e de comunicalo despois, ao igual que no caso da Sega, nas redes sociais cun vídeo que comece pola frase "Eu son Rosalía porque/cando/para".

Na Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón, a fundación do mesmo nome celebrou ese día cun programa especial do Diario Cultural da Radio Galega no que se presentou a edición en libro-disco de "De Cantares Hoxe".

A Fundación Rosalía de Castro, en colaboración coa Xunta e os concellos de Santiago e de Padrón, tamén realizou o 24-F unha ofrenda floral na estatua da escritora situada na Alameda compostelá, un acto no que houbo música e lectura de poemas.

Ademais, destacou unha unánime defensa do idioma galego, lingua materna da poetisa.

En Madrid, o Grupo Bilbao convocou unha lectura de poemas de Rosalía ante a que foi a súa residencia na capital, na rúa Ballesta, 13.

O Día de Rosalía tamén transcendeu fronteiras e chegou a Braga no marco da Semana Cultural-Convergência Galiza/Portugal.

Comentarios