''Viveiro demóstralle ao PP que non se gaña nos xulgados''

Besteiro: ''Lugonovo terá que dicir se prefire progreso ou que volva o PP, pero vetar a Orozco para nós é inadmisible''

O secretario xeral do PSdeG está satisfeito co incremento do poder local que logrou o seu partido tralo 24-M, tanto en Lugo como en Galicia, aínda que quedan fíos por amarrar como a capital lucense
José Ramón Gómez Besteiro, nos xardíns da Deputación.
photo_camera José Ramón Gómez Besteiro, nos xardíns da Deputación.

Ten saudade por deixar a que foi a súa casa política durante oito anos, pero vaise satisfeito do logrado, tanto a nivel institucional, abrindo as portas da Deputación á cidadanía, como no partido, que incrementou notablemente o seu poder local nos últimos comicios.


Tralo 24-M, o PSOE goberna en 24 dos 67 municipios da provincia, oito máis que no anterior mandato, e manterá a Deputación, pero continúa perdendo votos, cinco mil no conxunto da provincia respecto a 2011. Está totalmente satisfeito ou é só unha victoria agridoce?
Non se poden achacar os resultados a unha soa variable, porque participan moitas, como a abstención ou a despoboación, pero a cuestión é que imos gobernar en casi trinta concellos e pasaremos de doce maiorías absolutas a 17. Os resultados das eleccións demostran unha drástica caída do PP e o incremento do PSOE. A subida nestas eleccións foi clara e o mapa dos gobernos locais da provincia así o demostra.


Entón, só ten que facer autocrítica o PP?
Autocrítica témola que facer todos, pero hai que ser consecuentes cos datos. Cando hai un partido que di que vai volver a Deputación e non volve (PP), pois fracasou e se un partido sube en maiorías absolutas claramente, está moito máis forte. Comparando co 2011, o PSOE mellorou os seus resultados e ese é o recoñecemento implícito que fixeron os cidadáns nas urnas, castigando ao PP pola súa política errática.


Na cidade de Lugo, téñeno moi difícil polas imputacións xudiciais do seu candidato, José López Orozco. Cre que a figura do alcalde axudou a diminuír a caída de votos que tivo o partido na cidade ou, pola contra, propiciouna?
Orozco foi o candidato que quería o Partido Socialista, porque Lugo foi un reflexo das nosas políticas, especialmente das sociais e tralas eleccións segue sendo o candidato que queremos para dirixir Lugo. Presentouse as eleccións con toda a súa traxectoria e obtivo 14.000 votos. O Orozco que se presentou aos comicios e o mesmo candidato que temos agora para a alcaldía. Neste intre toca a fase de negociacións coas outras forzas que ten que estar presididas pola falta de ansiedade, porque non nós preocupa só acceder o goberno senón cambiar as políticas do PP nestes catro anos, caracterizadas pola irresponsabilidade ante os problemas dos cidadáns e pola propia política do Goberno central que foi de auténtica insensibilidade hacia a xente que veu un goberrno axeno.

Resultados. ''Cando un partido, o PP, di que vai voltar a Deputación e non o consigue, é que fracasou''

Logo, enténdese que non lles prexudicou?
Non nos danou en absoluto. Era o cabeza lista que quería o PSOE e os resultados electorais refrendaron a nosa posición.


O partido está disposto a dar a cabeza de Orozco para seguir gobernando en Lugo?
Orozco someteuse a un exame dos cidadáns e 14.000 sentenciaron que lles valía como alcalde e eses votos valen o mesmo que os que recibiron outros candidatos. Neste senso, eu me pregunto: Qué cambiou na situación de Orozco dende as eleccións ata agora para que hoxe valga e mañá non. Só ten unha explicación, o capricho, algo que non entendo, porque para os cidadáns e difícil de entender que se poña como condición de partida que non a Orozco, cando o importante é o proxecto que se ten para a cidade. É dicir, que faría o goberno local, pero quen ten que aclararse é outra formación política, que ten que dicir se vai formar parte dun goberno ou só dar apoios puntuais, se quere unha política progresista ou que volva o PP.

A lectura que hai é que a cidadanía dixo que non á dereita nesta cidade e de forma clara e rotunda, como nunca ao mellor o dixera. Nin o fixo con tanta claridade no 1999, nin no 2003, nin no 2007, nin no 2011. Con rotundidade meridiana dixo que non quere o PP nesta cidade e non ten o abano doutra forza de dereita que lle dea a posibilidade de gobernar. Non se poden poñer premisas de persoas porque nós defendemos o noso cabeza de lista, como non pode ser doutro xeito. Hai que falar do proxecto de goberno e aí si que admitiría condicionantes políticos, que son lóxicos.

Está dicindo que Lugonovo ten que asumir que goberne un proxecto de esquerdas con Orozco ou que volva o PP?
E que a súa posición ninguén a entende. Haberá que plantexarse que se fai co urbanismo, cos barrios coas concesións. Iso é entendible, pero non o é que poñan como condicionantes determinados aspectos persoais que os electores non puxeron. Non poden dicir este valeme ou este non me vale, porque nós tamén poderiamos pensar que non nos sirve algunha persoa de Lugonovo. Non é razoable e o que non se pode perder na política é o sentido común. A xente tivo a liberdade de elexir se lle daba máis o menos apoio ao PSOE de Orozco e deulle 14.000 votos. Non se poden asumir vetos inadmisibles.

Deputación. ''Non entendo a ansiedade por saber quen vai presidir a Deputación. Cando chegue o momento, o partido fará un pronunciamento claro''

Entón, sen Orozco non van gobernar?
Non se poden pedir esas cousas que non son razoables para quen quere formar parte do goberno dun municipio. Se un quere situarse nunha posición extrema e non colaborar no goberno dunha cidade tamén ten que dicilo a cidadanía.

E se Lugonovo non cede?
Non me poño nesa hipótese, porque o razoable é o razoable aquí e en Katmandú. Non poden pretender ditar o que temos que facer, porque iso se chama doutra forma e non é democracia.

Outro frente aberto e o da presidencia da Deputación, para a que hai polo menos tres candidatos (Lara Méndez, González Santín e Manuel Martínez). Quen é a persoa máis adecuada para o cargo según o secretario xeral do PSdeG?
Cando chegue o momento, e non é nin hoxe nin mañá, o partido se pronunciará sobre quen é. Non entendo esta ansiedade que se está provocando. Primeiro hai que constituir os concellos e despois a Deputación e nese momento haberá un pronunciamento claro e será de inescusable cumprimento para todos.

Pero, aínda non o saben ou xa o teñen decidido e non queren dicilo?
Cando chegue o momento saberase, porque nós temos unhas normas.


A nivel autonómico, o PSOE tamén conseguiu as deputacións de A Coruña e Pontevedra, ademais de Lugo, pero coas mareas se lle resistiron as grandes cidades, a excepción de Vigo. Como ve o novo panorama?
Respeto calquer iniciativa política, pero de cara ao futuro este tipo de forzas que xurden de desfacer outras formacións previas acaban tendo un tope e un risco de descomposición máis elevado se o comparamos cun partido que está absolutamente cohesionado ideoloxicamente. Se non eres capaz de recoñecer nunha marea o que ten de nacionalismo, comunismo ou de outras ideoloxías, o final o que estás dicindo e que non son capaces de definir o seu espazo e, polo tanto, teñen un alto risco de descompoñerse e caer, como ocurreu co fenómeno de Age, que despois se foi desfacendo no Parlamento galego.

Galicia. ''Coas mareas, a xente está empezando a volver ver ao PSOE como terra firme na que confiar''

Son compatibles as propostas destes colectivos co exercicio directo do poder nun concello?
Van ter que demostrar como se pasa das promesas aos feitos e neste senso, en relación co PSOE, dame a sensación de que a xente está comezando a darse conta de que o PSOE é terra firme na que confiar. Tras estas eleccións, hai mais xente disposta a confiar de novo en nós. De pronto, temos tres deputacións e unha das maiorías máis importantes de Galicia na cidade de Vigo, mentras que en Lugo demostramos que o que pasou no ano 2007 non foi ningunha chiripa, senón que é una realidade.

Comentarios