"Necesito sentir o rumor do río"

O 5, Día Mundial do Medio Ambiente
Vilalba
photo_camera Vilalba

Sempre volvo. Necesito sentir o rumor do río; contemplar as penas do Castelo; necesito mirar o laranxo que plantou meu avó Manuel na horta da casa vella. A primeira vez que saín da Ponte tiña once anos. Mandáronme a estudar para prepararme o mellor posible para o camiño da vida. Unha vez terminado o ensino primario, marchei a seguir estudos interna no colexio das Josefinas de Lugo.

María Josefa Amalia García Rodríguez / A Pontenova

Lugo huele a incienso, a camino de misterios, a santos y vírgenes protectores, cercanos y amigos, como esa preciosa Virgen de los Ojos Grandes como océanos, pequeña y humana, que da calor y ternura a la catedral más hecha a la medida del hombre que conozco. Recuerdos, vivencias, músicas, olores que se te quedan en la piel y en el alma, difíciles de borrar porque son yo misma. Llegué con acento andaluz y me fui con acento gallego. Fue duro y difícil el cambio, dejar Galicia para una niña apuntando a la adolescencia. Todo en la gran ciudad me era ajeno y mis lágrimas al despedirme eran el presagio de que ya nada sería igual, de que la vida en el sentido más duro de la palabra empezaba dejando aquellos campos, aunque en ese momento no sabía que Galicia, que Lugo, no se separarían de mí.

Paloma San Basilio / Lugo

Castroverde tivo o gran inimigo nos seus mellores amigos, nas súas circunstancias óptimas: cunhas terras de aluvión feracísimas, un feixe de ríos brindados polo seu asentamento no somonte das serras que flanquean esta bisbarra (Pradairo, Monciro, Puñago…), cuns excedentes agrícolas que foran considerables nas décadas precedentes, un nivel cultural por riba da media do rural galego de entón, comunicacións aceptables, etc. Lembremos, por exemplo, que Castroverde foi un enclave avanzado da Telefónica.

Xosé María Gómez Vilabella / Castroverde

E alá estabamos todos en Ribadeo pasando unha fermosa, aínda que ventada, nenez, estudando coas monxas e logo cos Hermanos de la Instrucción Cristiana e de exámenes públicos por Lugo, cando meu pai decidiu trasladarse a Segovia como secretario da Deputación. Tiña eu doce anos. Aínda que o cambio foi moi considerable, non chegou a ser total, pois os veráns, que daquela eran longos, pasabamolos en Ribadeo, na mesma casa onde vivíramos antes e que fora construída pola miña bisavoa, a señorita de Nois, a finais do século pasado. Tamén coñecín a aldea: de cando en vez, no verán, meus pais desfacíanse de min na casa de Nois, onde entón rexía unha filla da devandita señora.

Xavier Rodríguez Baixeiras / Ribadeo

Recollida a aceituna en seiras de esparto, levábase a moer, traballo que duraba segundo a colleita, non só da casa, pois tamén se moía para fóra. Aos de fóra cobrábaselle un maiquiote: medio litro por cañada de 6 litros e, se o dono do muíño poñía o animal de tracción, un vaso máis. No muíño do que agora falamos, a tarefa de moer viña durando de 36 a 37 días. Catorce quilos de boa aceituna producían aproximadamente 5,5 litros litros de aceite limpo, previamente sometido a unha inundación de auga fervendo para arredalo da borra.

Xosé Estévez / Quiroga

Sempre que vou ao mar o recordo máis importante é o da praia da Areoura, non atopei nunca na miña vida unha praia tan marabillosa. Quizais esa praia deberan darlla aos do Valadouro? Nalgún momento era nosa; había un cubano, O Canino de Budián, que tiña unha casa e os terreos que había enriba e dicíase que tamén mercara a praia e que lla regalara aos de Ferreira.

Miro Casabella / Ferreira do Valadouro

Cando deixamos A Coruña fomos parar Quiroga, fermosa vila da provincia de Lugo para onde destinaran a meu pai, logo de gañar unhas oposicións a Correos. Cumprira xa eu os cinco anos, andaría ao redor dos seis. Eles estaban contentos de ir para máis perto de Ourense. No intre, a min non me gustou o cambio, cando xa podía gozar da presenza e do contacto co mar, e da Coruña, que aínda hoxe amo o mesmo que Dora, como unha segunda patria que tanto agarimo nos deu nas nosas vidas infantís.

Pura Vázquez / Quiroga

Despois da familia e dos amigos, a escrita, cantar, escoitar as orquestras nas verbenas nas noites de verán, camiñar polas praias, polas beiras dos ríos, polos montes, polas fragas e polas brañas; as árbores (sobre todo as do país), a arquitectura rural, imaxinar casas e debuxar os seus planos (á miña maneira) no papel; facer leña e chapuzas de madeira e de pedra (as pendellas e as paredes ‘á vaiche boa’ é o que mellor se me dá); ver carreiras de ciclismo e atletismo na televisión, facerlles parvadas aos meus alumnos e alumnas e engaiolarme sentado diante do mar ou do lume dunha lareira son algunhas das miñas afeccións.

Toño Núñez / Lugo

Recordo unha vez, cando eu era neno, que lle preguntei á miña nai: "Por que fomos vivir tan lonxe, se isto é tan fermoso?". E respondeu: "Pola túa dignidade". Non dixo dignidade, que era palabra moi allea aos seus usos idiomáticos. Dixo: "Para que ti foses un home". Podería dicir tamén: "Para que tiveses esperanza". Porque aquel era un mundo sen esperanza, un ámbito que se mantiña invariable desde séculos, ou desde milenios. Nada mudaba nel.

Basilio Losada / Penaboa / Láncara

Fonte de Espiñaredo, manantial natural, que se encontraba, según el sentido de la marcha, a pocos metros, a la derecha de la rotonda hoy existente, al final del paseo marítimo, en dirección a Figueirúa, y que era parada obligatoria, para todas las gentes, incluso para abastecerse los hombres que se dedicaban a las faenas de la mar, y de obligada parada, para los que nos iniciábamos en los primeros cubalibres, y pitillos después de los bailes del Cantón, y regresábamos a dormir al barco, que aunque este se encontrara amarrado a puerto a veces parecía estar en la más fiera de las tempestades.

José María Sanjurjo Peña / Ribadeo

Aquilo puidérono amañar pero houbo unha época na que se consentiu todo. Ademáis sen moito xeito, porque todas as zonas que están de cemento podían ter a vexetación que tiñan e non pasaba nada. Que construíran igual, pero escarallaron tamén a toponimia. Non sei en que mans caeu iso. Nas mans dos constructores. Digo eu porque sen non... chamarlle Acea de Olga, cando a Acea de Olga é unicamente onde está agora o restaurante O Muíño. Era unha acea, a acea de Olga, pero era aquel edificio e nada máis. En Fingoi, cada prado tiña o seu nome. Pois de repente chamáronlle Acea de Olga. Fixeron a Praza das Augas Férreas, cando as Augas Férreas é só a fonte así chamada, que está ao outro lado. Chámanlles As Mercedes cando As Mercedes só se chama ao cuartel. Alí había un cuartel de cabalaría que era o cuartel das Mercedes ou de Nosa Señora das Mercedes, pero aquilo eran As Pedreiras, pero de repente chamáronlles As Mercedes. Non é que estea mal, pero non se respectou nada, nin a toponimia. Eu dixenlle a xente do Concello, preguntade, por exemplo, a miña nai como se chama cada hortiña, que o sabe todo.

Paco Martín / Lugo

Para ir de excursión, el viajero no puede olvidarse de Ancares, las montañas limítrofes con Ourense, donde hay nieve durante los meses de invierno. Tampoco hay que dejar de recorrer las costas de Lugo, con playas agrestes. Mi preferida es la de las Catedrales, donde las rocas parecen estar colgadas sobre la playa; cuando paseas por ella vas atravesando bóveda tras bóveda.

Silvia Jato / Lugo

Comentarios